10 de marzo de 2021
A maquinaria deixou de funcionar a principios de 2020 e necesitouse renovar moitas das pezas danadas polo paso do tempo. Pasaron xa 20 anos desde a última reforma da súa maquinaria
O reloxo do pazo de María Pita volverá a soar en primavera. Unha empresa coruñesa é a encargada de realizar os traballos de restauración da maquinaría que levaba 20 anos funcionando tan só con labores de mantemento. Trátase dunha restauración completa e moi complexa por mor da antigüidade das pezas que require moita precisión, segundo os técnicos da propia empresa. A maquinaria deixou de funcionar a principios de 2020 e foi necesaria a renovación de moitas das engrenaxes danadas polo paso do tempo.
O Goberno Local asegura que o reloxo é un símbolo da cidade e por iso foi necesario recuperalo coas maiores garantías posibles e prosegue deste xeito coa recuperación de pezas do patrimonio municipal.
Despois de realizar un estudo para valorar o estado e os danos que presentaba o reloxo, persoal experto comezou a retirar unha a unha as pezas da maquinaría para poder restauralas.Tras un século funcionando, a maquinaría comezou a fallar e o reloxo deixou de marcar as horas a principios do ano pasado pouco antes do confinamento pola Covid-19.
Comercio, Mercados, Consumo e Barrios
Sen resultados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible