3 de abril de 2021
A concellería formulará un proxecto máis integral do que inicialmente estaba previsto dada a gran demanda recibida por parte da veciñanza
A Concellería de Medio Ambiente ampliará a rede de hortas urbanas cun proxecto máis integral, circular e amplo que dea cabida á gran demanda que están recibindo por parte da cidadanía. Deste xeito, o goberno de Inés Rey aspira ser un referente a nivel europeo, a través da rede de hortas urbanas que se mellorará ao que inicialmente estaba previsto.
Nestes últimos meses introduciron novidades nesta infraestrutura verde e no caso das hortas do parque Adolfo Suárez, estas desenvolveranse en bancais que recordarán o modelo de cultivo de vides escollido na Ribeira Sacra, o que fará que se aproveite mellor o terreo dispoñible, e que realmente se asemellen máis a xardíns que a auténticas hortas.
Así mesmo, existirá unha regulación específica, en que se diferenciarán as hortas asignadas a asociacións das xestionadas por particulares, o que permitirá avaliar o éxito e o impacto de cada modelo, así como daquelas dirixidas a persoas con mobilidade reducida.
Por outro lado, na actualidade e dada esa alta cantidade de solicitudes recibidas, o persoal técnico da concellería está a estudar outras posibles localizacións na cidade para novas hortas. As zonas en que se podería ampliar a oferta pertencen a Feáns, Mesoiro e San Pedro de Visma-Os Rosais.
Dentro deste proxecto de expansión da Rede de Hortas Urbanas, e en contacto coa Concellería de Educación, tamén se impulsará o Plan Piloto de Hortas Escolares nas dúas modalidades, tanto en terra/invernadoiro como en mesas de cultivo, achegándolles ás e aos alumnos os coñecementos necesarios para que se convertan en pequenas/os agricultoras/es e que logo transformen eses produtos nas cociñas para a súa propia alimentación. Con esta iniciativa, o Concello quere contribuír a un consumo saudable de produtos de proximidade.
Entende que introducir pradeira en lugar de céspede axudará a mellorar considerablemente a biodiversidade da contorna desas hortas e parques xunto a outros aspectos como sistemas de recollida de auga de choiva para o rego e a colocación de composteiros. É precisamente a importancia desta Rede á que levou a Medio Ambiente a ter que incorporar o seu mantemento nos novos pregos de xardíns.
"As hortas urbanas non supoñen só un modo alternativo de infraestrutura verde, senón que teñen unha vertente de socialización, de proximidade, de reencontro coa natureza onde a persoa é coprotagonista directa abrindo coas súas propias mans portas a modos de consumo e de vida máis naturais", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible