Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2020

Medio Ambiente anima a que os nenos e nenas da cidade fagan mañá unha plantación virtual de árbores

A iniciativa, coa que se pretende encher as ventás da cidade con debuxos das crianzas, realízase con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques

Mañá, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques e a Concellería de Medio Ambiente que, antes da declaración do confinamento, tiña programada unha plantación de árbores para este luns 23 coa colaboración do alumnado de colexios da cidade e coa participación da alcaldesa, convida agora a todos os nenos e nenas da Coruña a faceren unha gran plantación virtual de árbores enchendo as ventás das nosas rúas cos seus debuxos.Antes de pegalos nas súas xanelas, as crianzas deberán enviar unha imaxe dos seus debuxos ao correo educacionambiental@coruna.es , e con todos os que a Concellería reciba elaborarase un vídeo que se subirá á web de Coruña Sostible para alegrar esta primavera que comezou hoxe.Non hai que esquecer que as árbores non só adornan e dan sombra en xardíns, rúas e parques, senón que, sobre todo, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundación, evitan a erosión, son o hábitat natural de múltiples especies de animais, producen unha gran variedade de alimentos e un longo etcétera de beneficios. En palabras da concelleira Esther Fontán, "eses debuxos serán un compromiso de que máis pronto que tarde as nenas e nenos da Coruña farán esa plantación nos nosos espazos verdes".

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión