Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2020

Medio Ambiente e Seguridade Cidadá activarán mañá o protocolo de uso das praias ata a apertura oficial do período estival

A concelleira Esther Fontán lembra que as duchas, os aseos e o posto de socorristas non estarán en funcionamento ata o comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño

Tras o pase de Galicia á Fase 2 da desescalada, desde o vindeiro luns día 25 estará permitido tomar o sol e bañarse nas praias, motivo polo cal as áreas de Seguridade Cidadá e Medio Ambiente do Concello da Coruña activarán un protocolo que abarcará desde o mesmo luns 25 ata o 15 de xuño, data de apertura oficial, como todos os anos, do período de praias.

A coordinación desta primeira fase correrá a cargo dos mandos de Seguridade Cidadá que vixiarán que se cumpran as normas de distancia e capacidade en cada un dos areais; para iso instalarán un Centro de Mando na Coraza do Orzán desde onde dirixirán todo o operativo. Este centro permanecerá aberto todo o verán, con labores non só de coordinación e vixilancia senón tamén de información e seguimento. Ademais instalarase un servizo de megafonía que xunto coas cámaras de tráfico contribuirán ao mellor desenvolvemento destes labores.

Ao longo do luns e martes, técnicos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá supervisarán a instalación dos valos que pecharán a praia de Riazor desde As Escravas á Coraza e sinalizaranse os accesos polos que deberán entrar e saír os coruñeses dos cinco areais da cidade: Riazor, Orzán - Matadoiro, Lapas, Santo Amaro e Oza. Haberá un único sentido de baixada e outro de subida no que será necesario gardar tamén as distancias, e teranse en conta os accesos para persoas con dificultades de mobilidade. Así mesmo, os técnicos de Medio Ambiente acompañados de responsables da empresa CESPA de limpeza e recollida de lixos comprobarán que os accesos permitan a posterior limpeza dos areais así como a recollida dos residuos.

O responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, sinala que "a colaboración cidadá é fundamental á hora de manter as medidas de seguridade aprobadas polo Goberno e para calquera cousa que necesiten non dubiden en acudir ao centro de mando que estará instalado na coraza ou chamando como sempre á sala do 092, e demais servizos de seguridade e emerxencias da cidade: 112, 091, 080".

Desde Medio Ambiente lembran que as duchas non estarán en funcionamento, do mesmo xeito que outros servizos como o posto de socorristas ou os aseos ata o comezo oficial do período de praias o próximo 15 de xuño. "Estes días que van desde o luns 25 ata o próximo día 15 xuño servirán tamén para ir pulsando sobre os propios areais a resposta dos cidadáns e corrixir aqueles aspectos que se poñerán definitivamente en funcionamento a partir do 15: control de aforo en tempo real, aviso de pleamares e desaloxo de praias en caso de mareas vivas con antelación suficiente, medidas de hixiene e salubridade en todos os areais, posta en funcionamento do servizo de Salvamento e Socorrismo...", asegura a concelleira Esther Fontán.

Os servizos de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá seguirán traballando estreitamente nos próximos días e ao longo de todo o verán para que esta nova situación sexa o máis levadía e menos molesta posible para os coruñeses. Fontán sinala que "somos conscientes de que ningún sistema que poidamos aplicar vai satisfacer á totalidade dos coruñeses que se acheguen ás praias".

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión