Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2020

Medio Ambiente solicita a colaboración da veciñanza na xestión de residuos

Na instrución que a Concellería lle facilita á poboación detállanse medidas con respecto aos fogares con positivos ou en corentena por COVID19

Ante a situación que estamos a vivir, o Goberno municipal, a través da Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade, quere trasladarlles ás coruñesas e coruñeses unha mensaxe de tranquilidade e de confianza no noso sistema de xestión de residuos (*contenerización, recollida e tratamento dos residuos domiciliarios) co propósito de que esta xestión sexa o máis eficaz e segura posible. É por iso que se solicita a colaboración cidadá, coas seguintes recomendacións e recordatorios:

 • Reducir, na medida do posible, a xeración de residuos tanto orgánicos como inorgánicos, durante este período de emerxencia e confinamento domiciliario.

• Reducir ao máximo a achega de voluminosos como útiles vellos (colchóns, xoguetes, mobiliario etc.) na vía pública e agardar a que remate esta situación excepcional para os levar ao punto limpo fixos/móbiles ou usando o servizo correspondente vía 010.

• Non depositar cartón-papel nas beirarrúas ou vías cando o colector correspondente estea cheo, pois iso implica, nos días de choiva e vento, que poida atascar os sumidoiros e que ocasione problemas engadidos. É mellor achegarse ao contedor selectivo máis próximo.

• É moi importante seguir realizando a separación e depósito dos residuos de modo correcto: pilas, roupa usada, aceite, papel/cartón, cristal, inorgánico e orgánico.

• Cómpre lembrar que os residuos inorgánicos e orgánicos deben ser depositados en bolsas que perfectamente herméticas, para evitar cheiros e, sobre todo, que gaivotas, gatos e ratas poidan acceder facilmente aos seus contidos e esparexelos polas beirarrúas.

• En ningún caso se deben depositar bolsas de residuos na beirarrúa. Se os contedores están cheos, debe achegarse ao máis próximo depositar a bolsa. Hai que asegurarse de que as tapas dos contedores permanecen pechadas.

• Débense respectar as horas de depósito de bolsas de residuos nos colectores e lembrar que, facelo fóra das horas establecidas para iso, implica unha sanción.

Ao mesmo tempo e seguindo as instrucións directas do Ministerio de Sanidade ante esta situación excepcional, comunícanse as seguintes instrucións con respecto aos fogares con positivos ou en corentena por COVID19:

• Os residuos do doente, incluído o material de un só uso utilizado pola persoa enferma e polos seus coidadores (luvas, panos, máscaras) e, no seu caso, a indumentaria de protección do persoal sanitario (excepto lentes e máscara) hanse de eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun caldeiro do lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.

• A bolsa de plástico (bolsa 1) onde se deposite debe pecharse adecuadamente e introducila nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), onde ademais se depositarán as luvas utilizadas e pecharase adecuadamente antes de sacarse da habitación. A máscara e os lentes débense retirar fóra da habitación do doente, onde tamén haberá un recipiente para ese efecto, de características similares ás descritas anteriormente e con bolsa de plástico de peche hermético, ás que se lles dará o mesmo tratamento que á dos residuos do paciente.

• A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase na bolsa de lixo (bolsa 3) co resto dos residuos domésticos da fracción inorgánica. A bolsa 3 tamén se pechará adecuadamente. • Inmediatamente despois, realizarase unha completa hixiene completa das mans, con auga e xabón, polo menos durante 40-60 segundos.

• A bolsa 3 depositarase exclusivamente no colector de fracción inorgánica. • Está terminantemente prohibido depositar a bolsa 3 nos demais contedores: orgánica, papel, vidro, téxtil e/ou aceite, ou abandonala na contorna.

Desde a Concellería de Medio Ambiente "somos perfectamente conscientes dos difíciles momentos que estamos a pasar como sociedade mais temos ao noso alcance medidas coas que podemos contribuír a saír antes e mellor desta situación de urxencia: quedar na casa é sen dúbida a primeira e a máis esencial pero se ademais evitamos crear máis focos de insalubridade, todos/as estaremos a avanzar de modo activo cara ao final desta situación", asegura a concelleira Esther Fontán.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión