Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
6 de xullo de 2020
O concello iniciou esta mañá os traballos para substituír o valado da vía por bancos de pedra e bordos de granito.
O concello iniciou hoxe os traballos para consolidar como vía peonil o carril habilitado nos Cantóns durante o confinamento para que a veciñanza puidese pasear de maneira segura mantendo as distancias impostas polas autoridades sanitarias. O concello ten previsto que os traballos se prolonguen durante tres días aproximadamente. En todo caso, confían en que estean finalizados para a fin de semana, xa que polo momento só se vai substituír o valado por 125 bancos de pedra, que se colocarán ao longo da vía, bordos de granito e elementos de ornamentación. Tamén se instalarán sinais verticais e na calzada para advertir as/os condutores da prohibición de circular polo carril.
Desde Mobilidade destacan que ao retirar os elementos móbiles de separación dos carrís se garante unha maior seguridade as persoas viandantes que transitan por esta vía.
Alcaldía
88 resultados
O 15 de xan de 2021
A alcaldesa: “Se algo aprendemos desta batalla é que a saúde e a sanidade pública teñen que ser unha prioridade” Presidiu no salón de plenos a entrega de medalla de ouro da batalla de Elviña que outorga cada ano a Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets
O 15 de xan de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a organización dunha exposición fotográfica en varios puntos da cidade sobre esta festa que “tanta tradición ten na Coruña” e que estudan un concurso virtual de disfraces
O 14 de xan de 2021
Lage informou de que o Goberno local leva aprobadas a día de hoxe 2.464 axudas, o que supón un importe de 5.394.873 euros, e que foron transferidas xa 1.946 solicitudes, un 79% do total. O voceiro do Goberno Local anunciou que o contrato para o servizo de bibliotecas municipais vaise licitar este mes por un prazo de dous anos máis outro prorrogable e un importe de 2,6 millóns de euros.
O 14 de xan de 2021
Inés Rey: “ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas”. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que este ano se asinará un convenio para que o concello conte cunha persoa intérprete de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos hospitais e nas administracións e que se impartan clases de LSE nos colexios.
O 13 de xan de 2021
Co fin de que o público poida cumprir a normativa referente á mobilidade nocturna, a obra “Don Quijote somos todos” e as sesións do edificio do Parque Europa modifican o seu horario desde mañá
O 12 de xan de 2021
A Xunta de Goberno Local deulle luz verde na sesión de hoxe ao estudo de detalle para construír unha residencia de maiores promovida pola Xunta e financiada pola Fundación Amancio Ortega
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible