Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de marzo de 2023

A cala de Bens será a primeira praia canina da Coruña grazas á nova ordenanza de animais

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao plan de modificación puntual da actual ordenanza municipal, que se remonta ao ano 1997. “Debe adaptarse á normativa vixente”, lembrou a alcaldesa

O Goberno municipal aprobou hoxe, en Xunta de Goberno Local, o proxecto para a modificación puntual da ordenanza municipal para a protección e tenza de animais, un trámite de carácter previo á súa aprobación inicial no Pleno.

Anunciouno esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, que lembrou que a ordenanza municipal actual remóntase ao ano 1997. "O obxectivo é adaptala á normativa vixente, co propósito de mellorar a convivencia dos animais coa veciñanza, con especial atención á salubridade", sinalou a rexedora. Neste sentido, e unha vez que se aprobe a modificación da ordenanza, toda persoa que pasee co seu can pola vía pública deberá levar consigo unha botella de líquido para limpar as miccións dos animais.

A ordenanza actualiza tamén o apartado referente ás sancións por infraccións, subindo os importes, por exemplo no caso das infraccións leves: por non recoller os excrementos, infracción que antes oscilaba entre os 30 e os 300 euros, pásase dun mínimo de 100 ata 500 euros.

Por outra banda, e ademais de incluír a prohibición do sacrificio animal, acorde coa lexislación vixente, este proxecto de modificación da ordenanza abrangue a novidade da inclusión da cala de Bens como praia canina. "Desta forma, e unha vez que se aprobe a ordenanza, este areal pasará a ter dita consideración durante todo o ano, o que permitirá acudir ás persoas usuarias cos seus cans, sempre baixo o seu control e responsabilidade", explicou Inés Rey.

Licitación do novo contrato na canceira de Bens

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a licitación do servizo de recollida, transporte, mantemento e residencia de animais domésticos na cidade, centralizado no Centro Municipal de Animais Domésticos de Bens.

Este novo contrato abrangue o servizo de lazaría de animais domésticos en todo o termo municipal, a identificación e saneamento dos animais e tamén a residencia e mantemento dos mesmos; a xestión da adopción e acollida temporal de animais abandonados e tamén a xestión das colonias felinas.

Neste sentido, establécese un mínimo de 190 intervencións anuais a respecto da xestión das colonias felinas, "unha cuestión na que é de agradecer a colaboración cidadá, pola súa importante achega", apuntou a alcaldesa.

Tocante ao apartado de persoal, o contrato establece que deberá haber, como mínimo, un responsable de servizo, catro operarios e un servizo de retén para cubrir o contrato os 365 días do ano, persoal de atención ao público e tamén a disposición dun veterinario a tempo completo.

O novo contrato terá unha duración de dous anos, prorrogables por outros tres máis, dotados de 493.335 euros por exercicio.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión