Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de julio de 2022

A Casa Casares Quiroga amplía o seu catálogo expositivo con novas doazóns

Andrés García Pascual doou varios exemplares de “La Gaceta” e documentación oficial datada no 1936, así como unha caricatura e unha fotografía de Santiago Casares Quiroga

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, recibiu esta mañá os materiais doados polo académico da Real Academia Hispánica de Filatelia e Historia Postal, Andrés García Pascual, relativos á figura de Santiago Casares Quiroga. Esta doazón realízase co obxectivo de contribuír á ampliación da memoria histórica da familia Casares e da colección recollida na Casa Museo Casares Quiroga, o que se suma á recente rehabilitación do terceiro andar para incorporar un novo espazo expositivo co gallo do Ano Internacional María Casares nunha aposta do Goberno de Inés Rey por poñer en valor as Casas Museo.

Andrés García Pascual entregou varios documentos históricos, entre os que se atopan 18 exemplares do xornal "La Gaceta" de Madrid con datas entre o 1 e o 18 de xullo do 1936, ano de inicio da Guerra Civil. Ademais, o académico tamén achegou documentación oficial dese mesmo ano, con 24 números do Boletín Oficial da Xunta de Defensa Nacional de España (de entre o 30 de xullo e o 2 de outubro) e 72 exemplares do Boletín Oficial do Estado (de entre o 2 de outubro ao 31 de decembro). "Esta doazón ten un gran valor histórico, non só para a Casa Museo senón para o conxunto da memoria democrática do noso país sobre a que aínda queda moito por estudar" sinalou o concelleiro, Jesús Celemín. 

Ademáis dos exemplares xornalísticos e a documentación oficial, García Pascual entregou un exemplar da revista satírica "Gutiérrez", datada do 22 de outubro do 1932, que contén unha caricatura de Casares Quiroga bailando cunha galega en representación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); así como unha fotografía da toma de posesión do político como Ministro da Mariña, en abril do 1931. O edil quíxolle agradecer a Andrés García a súa doazón en nome do Goberno "pola súa gran xenerosidade e por pensar no Concello da Coruña e na Casa Museo como destino dunha documentación tan valiosa".

Doazóns no Ano Internacional María Casares

Este ano 2022, con motivo da celebración do Ano Internacional María Casares, a familia da actriz doou un total de 282 obxectos da colección persoal da actriz. Michel Casares formalizou a entrega o pasado mes de maio tras ser recibido pola alcaldesa, Inés Rey, no Pazo Municipal, quen lle agradeceu o seu xesto e xenerosidade coa cidade por achegar "un material tan valioso e con tanta carga simbólica, que nos permitirá seguir afondando no coñecemento dunha das figuras máis importantes da nosa historia".

A doazón supuxo unha importante cantidade de artigos persoais, con libros recuperados da biblioteca persoal de Santiago Casares Quiroga, fotografías da familia durante diferentes etapas, así como revistas con noticias sobre María Casares, entradas e programas teatrais, cartas, manuscritos ou diferentes publicacións sobre a República. A esta doazón súmase a realizada esta mañá por Andrés García Pascual, completando o catálogo expositivo da Casa Museo e o material sobre a familia Casares Quiroga.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión