21 de abril de 2023
A intervención, unha demanda das veciñas e veciños do barrio, completouse hoxe cos derradeiros retoques nas áreas verdes
A cidadanía pode usar desde este venres o miradoiro dos Castros, enclave no que, durante os dous últimos meses, se levaron a cabo diversos traballos de mellora e restauración dos espazos peonís e axardinados. O valado que delimitaba os traballos foi retirado hoxe, co que permite de novo o paso por ese enclave.
En primeira instancia, levantáronse uns 200 metros de travesa de ferrocarril, que facían de bordo entre os xardíns e camiños do parque, e estaban deteriorados polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas. Substituíronse por adoquíns de granito gris.
Ademais, nas áreas arbustadas leváronse a cabo tarefas para o resementado do céspede e tamén se estendeu, en diversos puntos, cortiza de piñeiro. A maiores instaláronse macizos ornamentais de plantas combinadas.
En paralelo, executouse a restauración dos bancos existentes no miradoiro, coa limpeza e tratamento da madeira, con lasur. Ademais, instaláronse outros seis bancos, novos, tamén de madeira.
A intervención, unha demanda das veciñas e veciños do barrio, completouse hoxe cos últimos retoques nas áreas verdes.
22 de maio de 2023
19 de maio de 2023
13 de maio de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible