Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de abril de 2023

A cidadanía xa pode usar o miradoiro dos Castros, que abriu hoxe tras a súa renovación

A intervención, unha demanda das veciñas e veciños do barrio, completouse hoxe cos derradeiros retoques nas áreas verdes

A cidadanía pode usar desde este venres o miradoiro dos Castros, enclave no que, durante os dous últimos meses, se levaron a cabo diversos traballos de mellora e restauración dos espazos peonís e axardinados. O valado que delimitaba os traballos foi retirado hoxe, co que permite de novo o paso por ese enclave.

En primeira instancia, levantáronse uns 200 metros de travesa de ferrocarril, que facían de bordo entre os xardíns e camiños do parque, e estaban deteriorados polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas. Substituíronse por adoquíns de granito gris.

Ademais, nas áreas arbustadas leváronse a cabo tarefas para o resementado do céspede e tamén se estendeu, en diversos puntos, cortiza de piñeiro. A maiores instaláronse macizos ornamentais de plantas combinadas. 

En paralelo, executouse a restauración dos bancos existentes no miradoiro, coa limpeza e tratamento da madeira, con lasur. Ademais, instaláronse outros seis bancos, novos, tamén de madeira.

A intervención, unha demanda das veciñas e veciños do barrio, completouse hoxe cos últimos retoques nas áreas verdes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión