Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2025

A cidade acollerá este domingo a VIII edición da Travesía Costa Coruña, con probas de 1.000, 5.000 e 10.000 metros de natación en augas abertas

Trátase da última proba do circuíto, na que se decidirán os gañadores das diferentes categorías

Este domingo A Coruña acollerá a sexta proba do circuíto Travesía Costa 2025, o que será, ao mesmo tempo a oitava edición da Travesía Costa Coruña Duacore. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu á organización nos prolegómenos desta competición, que contará con tres categorías.

"Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que cada fin de semana a cidadanía poida gozar de competicións de todo tipo como esta travesía", indicou Vázquez. Despois das probas de Oleiros, Portosín, Sisargas-Malpica, Fisterra e Ézaro, chega a proba da Coruña, que pecha esta edición do circuito.

Este domingo 28 de setembro, nadaranse tres distancias, 10.000, 5.000, e 1.000 metros, onde os máis 250 nadadores e nadadoras inscritos poderán gozar da natación en augas abertas da costa da Coruña. Respecto a outras edicións, recupérase a distancia de 10.000 metros, que non se nadaba desde o 2021. Ademais, engádese unha distancia de 1.000 metros, que se nadará integramente na zona do Parrote, con saída ás 13.00 horas, o lugar de chegada de todas as probas. A distancia de 10.000 metros sairá da praia do Matadoiro ás 9.00 horas e a de 5.000 metros desde a praia de San Amaro ás 11.15 horas.

A clasificación das diferentes categorías e distancias do circuíto está aínda por decidir, e os nadadores e nadadoras que optan aos premios confirmaron a súa participación nesta proba, polo que se prevé unha competición interesante. Un final de circuíto que a organización promete que será unha festa da natación en augas abertas e o peche dun verán cheo de travesías a nado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión