Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de julio de 2021

A cidade marchará esta noite de forma sustentable para celebrar a Friday Mobility Night

O Concello, a través da Concellería de Mobilidade e a de Deportes, organiza ás 21.30 h a Friday Mobility Night en colaboración coas entidades Galicia Rollers, Mobi-liza e a Asociación Coruñesa de Usuarios de VMP. A edil de Deportes, Mónica Martínez, valorou todas as iniciativas que o goberno de Inés Rey está levando a cabo para favorecer a mobilidade peonil e ofrecer máis espazos á cidadanía para camiñar e facer deporte na rúa. O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, indicou que a intención é celebrar esta marcha todos os primeiros venres de cada mes.

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Mobilidade e a de Deportes, organiza ás 21.30 h desta noite a Friday Mobility Night en colaboración coas entidades Galicia Rollers, Mobi-liza e a Asociación Coruñesa de Usuarios de VMP. Trátase dunha marcha conxunta de persoas usuarias de bicicletas, patines e vehículos de mobilidade persoal (VMP) co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía da importancia da mobilidade sustentable.

A presentación deste evento tivo lugar esta mañá en María Pita, en que participaron o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada; a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e as e os representantes das tres asociacións colaboradoras.

Juan Díaz Villoslada lembrou que a Friday Mobility Night xa se celebrou por primeira vez o pasado 4 de xuño e indicou que a intención é realizala todos os primeiros venres de cada mes. O concelleiro explicou que esta marcha forma parte do proxecto Coruña Camiña e tamén se contextualiza na iniciativa "A menos de 15 minutos", para promocionar os desprazamentos dentro da cidade que se poden facer camiñando en menos dun cuarto de hora tomando como referencia varios epicentros (María Pita, o estadio de Riazor ou a estación de autobuses). Anunciou que A Coruña recibiu o premio accésit da Rede de Cidades pola Bicicleta en materia de innovación polo compromiso da nosa cidade para aproveitar as actuacións na modificación do tráfico para a mellora das infraestruturas ciclistas, así como o segundo lugar na categoría de Infraestruturas ciclistas, despois da Deputación Foral de Guipúzcoa. Villoslada lembrou que "na malla de carril bici segregado A Coruña conta con 33,3 km e case 15 km de ciclocarrís, falamos de uns 48 km de vías ciclabes na nosa cidade".

Pola súa banda, Mónica Martínez valorou todas as iniciativas que o goberno de Inés Rey está levando a cabo para favorecer a mobilidade peonil e ofrecer máis espazos á cidadanía para camiñar e facer deporte na rúa. "É un privilexio que na Coruña teñamos a Friday Mobility Night, un proxecto que está funcionando moi ben noutras cidades europeas de referencia na mobilidade urbana".

O percorrido desta noite comezará na praza de María Pita e realizará a seguinte ruta de ida: Avda da Mariña - Tomando carril bici no Cantón Grande e Pequeno - Avda Linares Rivas - Costa de Palloza - Avda Fernández Latorre - Rúa Marqués de Amboage - Rúa Caballeros - Avda Salvador de Madariaga - Rúa José Miñones Bernández - Rúa Pablo Picasso - Avda Enrique Salgado Torres - Rúa Dr Joaquín Cotarelo - Rúa Blanco White - Avda Ferrocarril - Avda San Cristóbal - Avda de Arteixo - Chegada a Marineda.

O percorrido de volta sairá de Marineda e continuará por: Avda Arteixo - Avda Salgado Torres - Avda San Cristóbal - Avda Salvador de Madariaga - Ronda Camilo José Cela - Rúa Miguel González Garcés - Avda Salvador de Madariaga - Avda Alcalde Pérez Ardá - Rúa Ramón y Cajal - Avda Primo de Rivera - Avda Linares RivasRivas - Avda Porto da Coruña - Enlace paseo A Mariña - Ánimas - Parrote - Paseo Dársena - Praza María Pita.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión