Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2020

A Comisión de Voceiros acada o máximo consenso nas decisións tomadas no ámbito social

A alcaldesa, Inés Rey, agradece o grande esforzo común que están realizando todas as forzas políticas por seren un único bloque contra esta pandemia

 A Comisión de Voceiras/os do Covid-19 volveu a reunirse esta mañá coa presenza da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, que explicou as diferentes medidas tomadas no ámbito social. A edila abordou a evolución de todo o que se determinou desde o 12 de marzo como as axudas do talón restaurante, comedores sociais, o servizo de voluntariado en domicilio e na liña telefónica "Acompáñote"; novidades na internet como a actividade sociocultural en liña da Rede de Centros Cívicos ou o albergue habilitado para as persoas sen fogar no Pavillón dos Deportes de Riazor.   Pola súa parte, a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Economía, Xosé Manuel Lage, recolleron as propostas expostas polas voceiras e voceiros de todas as forzas políticas. Neste aspecto, a rexedora agradece o consenso acadado con todas e todos os responsables para combateren esta pandemia a nivel local.   Os representantes do Goberno local informaron das proposicións que están desenvolvendo co fin de paliar os danos económicos e sociais dunha cidadanía que, segundo Rey, é "a principal prioridade do concello e isto é o que nos preocupa a todas/os. Por iso, queremos tomar as decisións que garantan ao máximo a seguridade e o benestar das coruñesas e coruñeses".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión