Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2022

A concelleira Yoya Neira destaca a calidade dos traballos fotográficos seleccionados no Calendario Municipal 2022, premiados hoxe en María Pita

Yoya Neira: “O calendario municipal non é só un almanaque; é un acontecemento para moitas persoas da cidade que acoden cada ano aos quioscos e librarías para adquirir un exemplar”

A segunda tenente de alcaldesa e concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, presidiu hoxe o acto de entrega dos premios aos autores e autoras das fotografías seleccionadas para o Calendario Municipal 2022, unha publicación editada polo Concello da Coruña desde hai 57 anos, máis de medio século.

Durante o acto, celebrado este venres no Salón Real do Pazo Municipal de María Pita con representación dos diversos grupos presentes na corporación municipal, Yoya Neira salientou a riqueza que aporta o Calendario Municipal para transmitir a historia da cidade da Coruña, mesturando imaxes contemporáneas con fotografías antigas. "O encontro entre o pasado e o presente é un dos acicates desta publicación, con miles de cidadáns que se achegan a el con curiosidade, ano tras ano, para ver cales son as dúas fotografías que ilustran cada mes", resaltou Neira.

Neira, que puxo en valor a calidade dos traballos presentados, apuntou á identidade única do Calendario Municipal da cidade da Coruña, "onde existe unha tradición de Nadal que non se dá en ningunha outra parte e da que estamos moi orgullosos: facerse cun exemplar". Neste sentido, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación lembrou que "o calendario municipal non é só un almanaque, senón un acontecemento para moitas persoas da cidade que acuden cada ano aos quioscos e librarías atraídos pola posibilidade de levar o calendario a casa".

Trece gañadores: unha fotografía por mes, ademais da imaxe de portada

  • Gañador do mes de xaneiro: Carlos Briones Bioslada.

  • Gañador do mes de febreiro: Eduardo Barro.

  • Gañadora do mes de marzo: Abedía Cancho.

  • Gañador do mes de abril: Óscar Blanco Varela.

  • Gañador do mes de maio: Juan Carlos Somorrostro.

  • Gañadora do mes de xuño: Luisa Dans Fariña.

  • Gañador do mes de xullo: Marcos Queiro Santiago.

  • Gañador do mes de agosto: Sindo Novoa.

  • Gañador do mes de setembro: Carlos Freire Bazarra.

  • Gañador do mes de outubro: Pablo Briones.

  • Gañador do mes de novembro: José Luis García Mendoza.

  • Gañadora do mes de decembro: Cristina Vicente Castro.

  • Gañadora da fotografía de portada: Soraya Sampedro Bores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión