Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de abril de 2023

A Coruña acollerá a sexta edición do ciclo ‘Elas Son Artistas’ con 10 actividades xa confirmadas

O ciclo de artes e música pola igualdade terá lugar entre os meses de maio e novembro e rematará o 24 de novembro, co concerto de Alice Wonder no Teatro Colón

A Coruña acollerá a sexta edición do ciclo 'Elas Son Artistas', o ciclo de artes e música que teñen como obxectivo poñer en valor o papel da muller na arte. O festival desenvolverase entre os meses de maio e novembro, con actividades nos diferentes municipios da área metropolitana.

A concelleira de Comercio, Consumo, Mercados e Barrios, Diana Sobral, informou esta mañá sobre a nova edición do ciclo. "Unha nova cita xa obrigada na Coruña, que se suma á importante programación cultural posta en marcha por este Concello" sinalou. Nesta sexta edición, o ciclo contará con actuacións como María de la Flor, que abrirá a sexta edición este sábado día 15, ou concertos de artistas como Eva Mcbel, Hermana Furia, Carolina Rubirosa ou Aüdra.

A Coruña ten xa 10 actividades confirmadas entre as que destacan os concertos de The Dirty Denims ou Hermana Furia, na sala Mardi Gras; María Toro, no Garufa Club ou a a banda de Nova York, Jane Lee Hooker, Cris Regueiro & The Neo Band no Jazz Filloa. Programaranse tamén outras actividades, como o espectáculo de Su Garrido Pombo mentras pinta Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola, que terá lugar na praza de Azcárraga así como unha exposición na Casa Museo Casares Quiroga, que terá lugar durante todo o mes de setembro. O ciclo rematará o 24 de novembro ás 21.00 h, coa actuación de Alice Wonder no Teatro Colón para o que xa están á venta as entradas en www.ataquilla.com.

A concelleira, Diana Sobral, destacou a importancia de valorar as mulleres artistas e creadoras e lembrou que esta fin de semana a Fundación Luís Seoane acollerá o Ciclo de Vangarda Galega Alternativa, VANGAL, que contará con seis actuacións de mulleres galegas. "Unha coincidencia que amosa a realidade da cultura galega, que ten un futuro indiscutiblemente máis feminino, con máis directoras, pintoras e artistas".

Primeiros eventos confirmados na sexta edición de Elas Son Artistas:

  • 15 de abril - María de la Flor - Auditorio do Centro Cultural A Fábrica, Concello de Oleiros (20.30 horas)
  • 21 de abril - Eva McBel - Cívico Cultural, Concello de Arteixo (20.30 horas)
  • 13 de maio - Hermana Furia - Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
  • 31 de maio - María Toro - Garufa Club, Concello da Coruña
  • 30 de xuño Jane Lee Hooker - Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
  • 12 de xullo - Su Garrido Pombo + Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola - Praza de Azcárraga, Concello da Coruña
  • 19 de xullo - Cris Regueiro & The Neo Band - Jazz Filloa, Concello da Coruña
  • 15 de setembro - Carolina Rubirosa e Aüdra - Sala Xulio Cuns, Concello de Betanzos
  • 22 de setembro - Reinas Malas - Auditorio do Edificio usos múltiples do Burgo, Concello de Culleredo
  • 4 de outubro - The Dirty Denims - Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
  • 21 de outubro - The Niftys - Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
  • 24 de novembro - Alice Wonder - Teatro Colón, Concello da Coruña

Proximamente darase a coñecer o resto da programación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión