Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de mayo de 2023

A Coruña acollerá o 23.º Encontro Nacional de familias de persoas con síndrome de Down, que terá lugar entre os días 12 e 14 de outubro

A Asociación Down Coruña será a anfitrioa do evento, que conta co apoio do Concello. Está previsto que o encontro congregue a máis de 450 familias procedentes de todos os puntos do país

A alcaldesa, Inés Rey, tomou parte este xoves no acto de presentación do 23.º Encontro Nacional de familias de persoas con síndrome de Down, unha iniciativa promovida por Down España e que, nesta nova edición, se realizará na cidade entre os días 12 e 14 de outubro.

O evento, ideado co obxectivo de concienciar e mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e das súas familias, é un dos máis importantes dos que se realizan en España neste eido. Está previsto que máis de 450 familias de todo o país asistan a esta cita, na que a Asociación Down Coruña será a anfitrioa, co apoio do Concello. A Coruña collerá, desta forma, o relevo de Valladolid, cidade na que se celebrou a pasada edición do evento o ano pasado.

O programa de actividades de cara ás xornadas, ideada para compartir experiencias, coñecementos e proxectos sociais en clave de futuro, abrangue sesións orientadas á educación inclusiva e ao envellecemento activo das persoas con síndrome de Down. Neste sentido, Inés Rey agradeceulle á directiva de Down España e Down Coruña "que apostasen por realizar este 23.º Encontro Nacional na Coruña, unha cita moi especial que permitirá abordar cuestións de calado para o benestar das persoas con síndrome de Down e tamén as súas familias".

Durante a presentación do evento tamén se incidiu na importancia de visibilizar e promover a integración laboral das persoas con síndrome de Down. Neste sentido, apuntouse ao exemplo do quiosco Down Experience, unha iniciativa hostaleira que permitiu a recuperación dun espazo emblemático da cidade como o quiosco da praza de Ourense, onde, por medio da Asociación Down Coruña, traballan de forma estable 16 persoas nun espazo de titularidade municipal cedido polo Concello.

Ao acto de presentación do evento, que se levou a cabo hoxe no Palexco, tamén asistiron a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira; o director xerente de Down España, Agustín Matía; o presidente de Down Coruña, Ricardo Santos; e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión