Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de septiembre de 2021

A Coruña apoia o labor da rede Acampa e ponlle cara ao drama das persoas refuxiadas

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, asistiu á presentación do V Encontro Internacional Acampa pola paz que, baixo o nome “A vida negada”, terá lugar do 9 ao 11 de setembro na cidade

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, asistiu esta mañá no Quiosco Alfonso á presentación do V Encontro Internacional Acampa pola paz e o dereito a refuxio que nesta edición, que leva por nome "A vida negada", denunciará os dramáticos efectos da pillaxe de recursos en distintas poboacións do mundo.

O concelleiro destacou o enorme labor que realiza o equipo da rede Acampa, baixo a coordinación de Xosé Abad, para levantar unha iniciativa que un ano máis lle pon cara á grave situación que viven miles de persoas que foxen do seu países buscando refuxio lonxe dos seus fogares: "Unha iniciativa que conta desde hai anos co apoio do concello da Coruña, que se converte nestes días nun porto refuxio, nun escaparate de distintas realidades que non por afastadas debemos sentir indiferentes", dixo.

Celemín apuntou que os municipios están preparados para recibir as persoas refuxiadas, tal e como o comunicou o presidente da FEMP ao Goberno de España. "Somos a administración máis próxima á cidadanía, e debemos responder coa maior celeridade. Para iso, contamos cunha rede de servizos sociais con experiencia para atender ás súas necesidades e lograr a súa integración. Mais é evidente que este labor necesita un soporte financieiro que require o apoio económico doutras administracións", afirmou.

Para o edil é importante combater con educación os problemas de xenofobia que asolagan as nosas rúas. Debemos apagar o ruído para que se poidan escoitar as palabras de solidariedade e apoio da cidadanía, e desterrar o medo cara ao descoñecido e o diferente", finalizou.

Pola súa banda, Xosé Abad, coordinador en Galicia da rede Acampa, explicou que o epicentro da actividade deste quinto encontro será o campo simulado que reproducirá un asentamento do Movimento de Trabalhadores sem Terra de Brasil (MST).

Acceso ao programa: https://coruna.redeacampa.org/gl/

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión