Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de junio de 2022

A Coruña decidirá esta fin de semana os campións nacionais de tríatlon por equipos

A Copa do Mundo de Paratríatlon e os Campionatos de España por Clubs, por Remudas Mixtas e por Remundas Mixtas de Talentos realizarán as súas derradeiras probas na cidade estes 18 e 19 de xuño

A Coruña prepárase para acoller dúas xornadas de máxima emoción. A cidade será un ano máis a sede das derradeiras probas de varios campionatos de tríatlon de máximo nivel nacional. Trátase da Copa do Mundo de Paratríatlon e os Campionatos de España por Clubs, por Remudas Mixtas e por Remudas Mixtas de Talentos.

As probas disputaranse na contorna do Parrote o sábado 18 e o domingo 19 de xuño. A primeira das probas será da categoría Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya, o sábado ás 12.00 horas, coa participación de numerosos nenos e nenas da cidade, que quixeron iniciarse nesta disciplina. A partir das 16.00 horas será a quenda das probas dos campionatos nacionais, mentres que o domingo a partir das 9.00 horas comezará a Copa do Mundo de Paratríatlon, que será seguida dos campionatos de España por Remudas Mixtas, tanto en categoría absoluta como de talentos. A entrega de premios está prevista para as 14.30 horas.

Este final de temporada está a ser moi disputada, xa que entre os dous primeiros clasificados da Liga Iberdrola de Tríatlon, a máxima categoría feminina, hai só oito puntos de diferenza. Trátase do Cidade de Lugo Fluvial e do Náutico de Narón. Na categoría masculina o título tamén está entre outros dous equipos que se atopan a oito puntos de diferenza: o Cidade de Lugo Fluvial e o Diablillos de Rivas.

O Goberno municipal de Inés Rey continúa a apostar polas grandes probas deportivas e eventos que poñan A Coruña no mapa a nivel nacional e internacional. Está prevista a chegada á cidade estes días duns 1.800 visitantes asociados a esta competición, que será retransmitida en directo por Internet. Ademais, asistirá á proba Marisol Casado, presidenta da Federación Internacional de Tríatlon e membro do Comité Olímpico Internacional.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión