Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2021

A Coruña e Culleredo acordan solicitar conxuntamente unha axuda para lles daren emprego e formación a 36 persoas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, asinaron hoxe un convenio para solicitaren dous obradoiros relacionados coa arqueoloxía e o patrimonio de ambos os municipios No caso da Coruña, as persoas contratadas deberán ter menos de 30 anos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, asinaron esta mañá un convenio para presentaren unha proposta conxunta coa que optaren a unha subvención convocada pola Xunta para promover o emprego. Consiste en realizar dous obradoiros relacionados coa arqueoloxía e o patrimonio de ambos os municipios. No caso do da Coruña, as persoas contratadas deberán ter menos de 30 anos e encargaranse da musealización dixital dos xacementos arqueolóxicos da cidade.

Deste xeito, a Concellaría de Emprego ofertará 16 vacantes para desenvolveren durante 12 meses un proxecto senlleiro co fin de poñer en valor o descuberto nas distintas excavacións arqueolóxicas realizadas até o de agora. A axuda do Goberno autonómico para o obradoiro sería de 369.000 euros, aos que habería que lles sumar 25.000 euros achegados polo Concello. A idea é que o grupo comezase a realizar labores despois do verán. 

APLICACIÓNS DAS TIC

A Área de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego busca, en colaboración co departamento de arqueoloxía municipal, promocionar os recursos arqueolóxicos e patrimoniais da Coruña a través da aplicación das TIC. Ao mesmo tempo, outro dos obxectivos que se persegue é que o persoal contratado estea en condicións de se incorporar ao mercado laboral para ocupar postos de traballo vencellados coa imaxe, a edición dixital, a dixitalización patrimonial e a programación e desenvolvemento de actividades culturais.

Para poder participar neste programa, será imprescindible que as persoas solicitantes estean inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpran os requisitos que establece a normativa reguladora do contrato para a formación e a aprendizaxe. Esta contratación mellorará as súas condicións de empregabilidade, ao se especializaren en materias como produción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais.

No obradoiro, dixitalizarán os bens patrimoniais da cidade, elaborarán programacións culturais e dotarán todo ese conxunto dun discurso museográfico, entre outras cuestións.

Pola súa parte, a proposición cullerdense, cifrada en 408.000 euros, suporía a remodelación da casa coñecida como de Peóns Camiñeiros, de cara a convertela nun centro de interpretación dos camiños, para o que se contratarían 20 persoas durante nove meses.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión