Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de junio de 2022

A Coruña foi a referencia do triatlón nacional e paratriatlón internacional durante esta fin de semana

As augas do Parrote e a súa contorna acolleron os campionatos de España de Tríatlon e a Copa do Mundo de Paratríatlon

Máis de 1.500 deportistas participaron esta fin de semana, entre sábado e domingo, nas diferentes probas que se celebraron nas augas do Parrote e na súa contorna, no contexto dos campionatos de España de Tríatlon por Clubs, Remudas Mixtas e Remudas Mixtas de Talentos, así como a Copa do Mundo de Paratríatlon

Neste sentido, o Náutico de Narón femenino e o Saltoki Trikideak masculino resultaron vencedores nos nacionais de Triatlón por Clubes, aínda que o título final, tanto na Liga Nacional de Clubes como a Liga Iberdrola, foi para o Cidade de Lugo Fluvial, primeiro clasificado nas dúas competicións. 

Ademais, e xa este domingo, celebrouse a Copa do Mundo de Paratríatlon, con case un cento de paratriatletas de primeiro nivel mundial en representación de vinte países dos cinco continentes. Destacou a galega Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de triatlón e, na xornada de hoxe, primeira clasificada na categoría PTVI feminina; así como o malacitano José Cristóbal Ramos Jiménez, terceiro na categoría PTWC masculina; Lionel Morales, primeiro en PTS2 masculina; Daniel Molina, primeiro na PTS3 masculina; e Andrea Miguélez e Carmen González, á fronte da táboa na PTS4 feminina.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participou hoxe na entrega de premios ás e aos atletas gañadores, un acto que se celebrou no paseo do Parrote. Martínez puxo en valor "a capacidade da cidade para acoller citas como a desta fin de semana, sendo o punto de encontro de deportistas de primeiro nivel".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión