Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xaneiro de 2022

A Coruña presentará en Madrid a súa oferta turística e cultural para o 2022

A alcaldesa, Inés Rey, presentará a programación nun evento o martes 18 no centro de Madrid e o mércores en FITUR

A alcaldesa, Inés Rey, presentará en Madrid as liñas estratéxicas que centrarán a oferta turística da cidade de 2022 nun acto no Palacio de Santa Bárbara de Madrid o vindeiro martes 18 ás 19.00 horas. No evento, ao que asistirán representantes do sector turístico, institucional e social con vencellos coa cidade, daranse a coñecer os elementos centrais da oferta coa que A Coruña quere recuperar o potencial turístico da cidade como polo de atracción de grandes eventos. 

No acto servirase un cátering ofrecido por Miguel Fernández Vidal do Restaurante Morgana conformado exclusivamente por productos da cidade: peixe da lonxa da Coruña, Estrella Galicia e patacas Bonilla, entre outros.

Presentación en Fitur 

O mércores 19, a alcaldesa acudirá a Fitur onde terá lugar a presentación da oferta da cidade ás 14.00 horas no posto de Galicia. Inés Rey dará a coñecer de xeito pormenorizado a programación cultural, deportiva, musical e de grandes eventos que terá lugar na cidade en 2022. 

Pola tarde, a alcaldesa manterá un encontro co Director do Teatro Real e presenciará o ensaio da ópera 'El Abrecartas', protagonizada polo barítono coruñés Borja Quiza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión