Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de diciembre de 2021

A Coruña recupera os voos internacionais coa chegada do primeiro avión procedente de París-Orly

Inés Rey: “Estamos conseguindo que Alvedro sexa o aeroporto galego que mellor se está a recuperar dos efectos da pandemia, e estamos a impulsar a nosa cidade como destino turístico de primeiro nivel, tamén no ámbito internacional”

A cidade da Coruña volve contar, desde hoxe, con conexións internacionais desde o aeroporto de Alvedro. Entre este mes e marzo do ano que vén, a compañía Vueling operará a nova liña que une xa A Coruña con París. En concreto, co aeroporto de Orly, un dos hubs máis importantes a nivel mundial e desde o que é posible realizar conexións con centos de destinos nos cinco continentes.

O primeiro dos 24 voos que hai previstos aterrou hoxe en Alvedro, sendo o primeiro dos voos internacionais que chega a Coruña desde o parón da pandemia. A conexión aérea con París-Orly estará dispoñible, ademais, os días 23, 27 e 30 de decembro; 3 e 5 de xaneiro; 19, 22 e 26 de febreiro; e 1, 5 e 8 de marzo.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, destacou a importante labor que se está a facer desde o Concello para impulsar o turismo na Coruña e recuperar as conexións con España e co resto do mundo que facilitarán a chegada de visitantes, mais tamén a mobilidade internacional dos coruñeses. "Estamos conseguindo que Alvedro sexa o aeroporto galego que mellor se está a recuperar dos efectos da pandemia, e estamos a impulsar a nosa cidade como destino turístico de primeiro nivel, tamén no ámbito internacional", indicou Inés Rey.

Na actualidade, o aeroporto de Alvedro dispón de conexións diarias con Madrid coas compañías Iberia e Air Europa e a Barcelona, con Vueling, ademais de catro conexións semanais a Sevilla (Vueling); dúas conexións semanais coa illa de Gran Canaria (Binter); e outras dúas con Bilbao (Volotea). A nova ruta internacional de París-Orly vén sumarse a estas cinco que xa operaban en Alvedro.

Tras París-Orly, Londres-Gatwick

Ademais, a partir de marzo as conexións internacionais de Alvedro aumentarán como resultado do concurso público convocado polo Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo.  Manteranse as dúas frecuencias con París-Orly e sumaranse a elas catro conexións semanais ao aeroporto de Londres-Gatwick, nos dous casos operadas por Vueling. A maiores, Alvedro pasará de dúas a tres conexións semanais con Binter a Gran Canaria e engadiranse dúas conexións semanais con Volotea a Valencia e outras dúas a Málaga.

O impulso a Alvedro enmárcase nas políticas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para a reactivación do turismo e para proxectar A Coruña alén das fronteiras nacionais. A volta dos grandes concertos con artistas internacionais nos recintos municipais e a celebración de eventos gastronómicos organizados ou promovidos polo Concello están a contribuír tamén á recuperación da hostalaría e do sector servizos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión