Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de enero de 2023

Fontán tomou parte este martes na xornada técnica correspondente á segunda fase da Unidade Mixta de Gas Renovable

A depuradora de augas da Coruña será a primeira en España en producir hidróxeno verde

A concelleira Esther Fontán puxo á EDAR Bens como exemplo da aposta do Concello da Coruña polas enerxías limpas e renovables

As instalacións da depuradora de Bens acolleron esta mañá a xornada técnica da segunda fase da Unidade Mixta de Gas Renovable, unha iniciativa surxida da colaboración establecida con Naturgy, o centro tecnolóxico EnergyLab e Edar Bens S.A., a empresa pública supramunicipal que depura as augas residuais da Coruña e a súa contorna.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, tomou parte na sesión celebrada esta mañá na estación de depuración de augas residuais, onde a finais deste outono entrou en funcionamento unha nova turbina que aproveita o caudal do emisario para xeración de enerxía eléctrica coa que producir hidróxeno verde, un dos gases renovables con maior proxección a escala global. Grazas a esta iniciativa, a depuradora da Coruña será a primeira de Galicia en producir hidróxeno verde aproveitando os seus propios recursos e empregando o electrolizador, xa instalado para completar o proceso. 

"Estimamos que a EDAR de Bens comezará a xerar hidróxeno verde a finais deste mes", indicou a concelleira de Medio Ambiente, que valorou a utilidade deste gas para mesturalo, por exemplo, con biometano (que se produce en Bens froito do procesamento dos residuos e que se inxecta xa na rede comercial), mellorando a capacidade enerxética deste último. Por outra banda, poderá empregarse como combustible. "Coa capacidade da EDAR para producir este hidróxeno estimamos que se podería subministrar de combustible a dous autobuses urbanos", detallou Esther Fontán, que puxo á EDAR como exemplo da aposta do Concello da Coruña polas enerxías limpas e renovables. Fontán destacou o pulo dado no actual mandato ao aproveitamento dos recursos propios para xerar enerxía desde a EDAR, entidade que preside a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e da que o Concello é socio maioritario.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade puxo en valor os avances experimentados pola EDAR na obtención de combustibles renovables, "o que amosa o compromiso do Goberno de Inés Rey para aproveitar todo o potencial da EDAR coruñesa, que forma parte da nosa aposta de futuro para gañar autonomía enerxética, obténdoa a partir dos nosos recursos e de fontes renovables".

Durante a xornada técnica que tivo lugar esta mañá, Fontán estivo acompañada polo director xeral de Edar Bens S.A., Carlos Lamora; o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta, Francisco Conde; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argirey; o director de Innovación de Naturgy, Jesús Chapado; e o director xeral de EnergyLab, Fernando Val, entre os diversos representantes institucionais que tomaron parte na presentación da Unidade Mixta de Gas Renovable.

A EDAR de Bens é, desde o mes de xaneiro de 2022, a primeira planta de tratamento de augas residuais de España en inxectar biogás na rede comercial de distribución, obtido mediante un sistema de membranas no tratamento dos residuos que chegan á estación de Bens. Actualmente, a planta produce 60 Nm3 á hora, o que en termos comparativos sería equivalente ao consumo de mil familias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión