Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de diciembre de 2021

A Domus premia as/os mellores profesionais na Xuntanza de Novos Investigadores no Estranxeiro

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, foi o responsable de entregar o premio Ángeles Alvariño á mellor traxectoria profesional

A Domus acolleu esta mañá a XII Xuntanza de Novos Investigadores no Estranxeiro. Este acto organizado polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) conta coa colaboración activa dos Museos Científicos Coruñeses.

Ducias de investigadores e investigadoras galegas que desenvolven o seu labor en países como Francia, Reino Unido, China, Polonia ou Suecia déronse cita na Domus para lle presentar os seus traballos á comunidade científica galega. Algúns dos premiados e poñentes estiveron presentes de maneira telemática. Pertencen a diversos ámbitos da ciencia, entre os que destacan a química, xenética, inmunoloxía e microbioloxía, física e astrofísica, cirurxía, medio ambiente ou neurociencia.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, foi un dos encargados de inaugurar o acto esta mañá e felicitou as persoas asistentes polo seu labor, que foi posto en valor durante as diferentes sesións desenvolvidas. Estivo acompañado de María D. Mayán, coordinadora do comité organizador e do comité científico do INIBIC, e Julio Abalde, reitor da UDC. Ademais, Celemín, en representación dos Museos Científicos Coruñeses, foi o encargado de entregar o premio Ángeles Alvariño á mellor traxectoria profesional, que foi para Mateo Sánchez López.

Por outra banda, o premio ao traballo presentado con maior impacto social foi para José Ángel Nicolás Ávila e o premio á mellor científica menor de 35 anos recaeu en Cintia Folgueira Cobos. No apartado de mencións, destacouse a Amparo Alonso polo liderado feminino, a Susana Ladra e Verónica Bolón pola promoción da igualdade de oportunidades na ciencia, a Ana Freire na categoría 'Talento Novo e Innovación' e a GCiencia polo seu labor divulgativo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión