Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de enero de 2021

A Fonte dos Surfistas terá unha placa en recordo a Roberto García Fariña “El Viejo”

O colectivo de surfeiros Lobos de Mar e o Concello da Coruña renderán este tributo a unha das grandes figuras do surf na cidade herculina, que faleceu o pasado 27 de novembro

A Fonte dos Surfistas terá unha placa en recordo a Roberto García Fariña, máis coñecido como "El Viejo" ou "Tito", o pai do surf na Coruña, que faleceu o pasado 27 de novembro. "Con 70 anos, era o máis veterano das e dos que surfeaban as ondas na praia do Orzán", así o anunciaba esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, que considera "moi necesaria esta homenaxe a unha persoa moi querida pola comunidade deportiva da cidade que xa se converteu nunha lenda do surf herculino".

O colectivo de surfeiros Lobos de Mar e o Concello da Coruña renderán este tributo a unha das grandes figuras do surf na cidade herculina, Tito, pero tamén na memoria doutros surfeiros ilustres que nos deixaron, como Fernando Torreiro e Rolando Quintáns. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que "a placa homenaxe terá o seu sitio no lugar en que días despois do falecemento de Tito se depositaron de forma espontánea flores, candís, notas de agradecemento e de despedida".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión