Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de xullo de 2020

A Mesa pola Mobilidade deseña unha ordenanza para regular o uso do espazo público e darlles prioridade ás persoas

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, explicou na sesión plenaria os cambios que pretenden introducir na nova normativa.

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, abordou na sesión plenaria da Mesa pola Mobilidade, xunto ao resto de representantes, a futura ordenanza de mobilidade que se está a deseñar para definir o uso do espazo público, actualizar varias normativas municipais e regular aspectos que ata o de agora non se ordenaron como son os Vehículos de Movilidad Personal, os carrís bici, ou o transporte de mercadorías.

Para o concelleiro, a nova ordenanza é necesaria "para definir e establecer o uso do espazo público, dándolle prioridade á mobilidade peonil, ao transporte público, e garantindo a saúde, a protección do medio ambiente e a accesibilidade universal, así como os dereitos das persoas con mobilidade diversa". Por iso, convidou a todas as entidades que integran a Mesa a que presenten as súas achegas para poder estudalas de cara á redacción do documento.

Villoslada lembroulles as persoas asistentes que algunhas ordenanzas están obsoletas, xa que desde a súa aprobación producíronse numerosos cambios lexislativos e sobre todo sociais. O edil puxo como exemplo a Ordenanza municipal de circulación, que se refire fundamentalmente ao automóbil e aos vehículos motorizados privados e que nin sequera regula o transporte público que é obxecto doutra ordenanza municipal e as ordenanzas municipais de transporte e do servizo público de ordenación e regulación do aparcamento (ORA), e sinalou que non existe unha norma sobre ocupacións de dominio público, (valos, estadas, vaos, reservas de espazo) excepto a Ordenanza que regula a instalación de terrazas en espazos de uso público aprobada no 2013 que, nun principio, non se integraría na Ordenanza de mobilidade.

Na redacción da ordenanza teranse en conta os obxectivos específicos do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable da Coruña, aprobado en 2013:

 - Fomento dos vehículos non motorizados.

-  Potenciar o transporte público fronte ao automóbil privado.

-  Uso máis racional do espazo público urbano.

-  Incidir sobre a conduta de mobilidade da cidadanía.

-  Contribuír á planificación sustentable do desenvolvemento urbano.

Ademais a ordenanza redactarase de acordo coa Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sustentable aprobada por unanimidade do pleno municipal o 3 de outubro de 2019, cuxo obxectivo fundamental é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte por unha maior cohesión social.

Na sesión desta tarde tamén se analizaron outras actuacións en materia de mobilidade que están destinadas a ampliar o espazo e a garantir a seguridade das peoas e dos peóns.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión