Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de abril de 2022

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor atendeu máis de 12.300 consultas durante o ano pasado, a maioría por vía telefónica

No 2021, case 6.000 persoas participaron nos 370 talleres formativos postos en marcha pola área de Consumo

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), que informa e atende as reclamacións de consumo e tamén impulsa actividades de formación e educación neste eido, rexistrou un total de 12.364 consultas durante o ano pasado.

A OMIC dispón de tres canles de atención á cidadanía: presencial, nas instalacións municipais situadas na rúa Costa da Palloza; teléfonica, a través da liña telefónica da OMIC ou chamando ao 010; e, por último, por vía online a través da web da OMIC ou remitindo un correo electrónico a omic@coruna.gal.

Por segundo ano consecutivo, a OMIC constatou un incremento das consultas por vía telefónica. Un 64 % das 12.364 persoas acolléronse a esta opción durante o 2021, o que supuxo un aumento do 8 % en comparación co 2020. Por outra banda, un 20 % efectuou consultas pola vía presencial e, finalmente, o 16 % restante fíxoo por correo electrónico. Neste sentido, desde a área de Comercios, Mercados, Consumo e Barrios destacan que o feito de que cada vez máis persoas dispoñan dun certificado dixital contribúe e facilita as tramitacións online das súas reclamacións.

Case un 10 % das persoas usuarias pertencen a outros concellos limítrofes

No ano 2021, un 92 % das persoas usuarias da OMIC estaban empadroadas no concello da Coruña. O 8 % restante pertencía a outros concellos, a maioría deles limítrofes coa cidade (Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros). O feito de que a OMIC coruñesa atenda consultas de outros concellos débese ben ao feito de que é a OMIC máis próxima aos seus lugares de residencia, ben porque trátase de persoas que foron derivadas polos seus propios concellos de orixe ao servizo coruñés de asistencia aos consumidores.

Durante o ano pasado, a meirande parte das consultas efectuadas na OMIC centráronse no sector das telecomunicacións (21 %), seguidas polo da electricidade (15 %), comercio electrónico (8 %), servizos profesionais (5 %), banca (5 %), transporte aéreo (4 %), axencias de viaxes (3 %) e alquiler de vivendas (3 %).

Case 6.000 persoas usuarias dos talleres formativos de Consumo

Pese a que o ano 2021 foi atípico, ao igual que o anterior, a causa da situación sanitaria, un total de 5.913 persoas participaron nos 370 talleres prácticos formativos de Consumo impulsados pola OMIC.

A oferta, múltiple e adaptada as necesidades específicas de escolares, persoas discapacitadas e persoas maiores, concentrouse en catro programas: Coruña Educa; Escola de Verán 2021; Talleres para adultos; e Talleres nos centros cívicos. 

En total, puxéronse en marcha 370 talleres de tipoloxía variada: alimentación, novas tecnoloxías e coñecemento do mercado eléctrico, pasando por xogos con caixas, bolsas e envases reutilizados e a construcción de xoguetes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión