Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de junio de 2022

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor oferta dous novos talleres formativos de aforro enerxético e compras en liña

Os módulos serán impartidos de forma presencial na oficina da OMIC, entre mediados de xuño e comezos de xullo

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), a través da Concellaría de Comercio, Mercado, Consumo e Barrios que dirixe Diana Sobral, impulsa dous novos talleres formativos que se levarán a cabo desde mediados de mes e ata comezos de xullo.

Atendendo as demandas máis solicitadas polas persoas consumidoras nos primeiros meses do ano, a temática dos talleres estará centrada, por unha banda, no aforro enerxético, e, por outra, na aprendizaxe de procesos para realizar adquisicións ou compras por Internet.

Os talleres levaranse a cabo en formato presencial na sede da Oficina Municipal ao Consumidor, situada na rúa Costa da Palloza, 8. Os talleres e datas son as seguintes:

  • A nosa factura da luz: 13 de xuño e 27 de xuño.
  • Compras a distancia: 20 de xuño e 4 de xullo.

Os módulos formativos serán impartidos en horario de 13.00 a 14.00 horas e o acceso libre, sen necesidade de inscrición, ata completar capacidade. Para máis información sobre as actividades, pódese chamar ao número de teléfono 981 189 820.

A demanda de formación no tocante ás telecomunicacións e consumo eléctrico

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), que informa e atende as reclamacións de consumo e tamén impulsa actividades de formación e educación neste eido, rexistrou un total de 12.364 consultas durante o ano pasado.

Durante o 2021, a meirande parte das consultas efectuadas na OMIC centráronse no sector das telecomunicacións (21%), seguidas polo da electricidade (15%), comercio electrónico (8%), servizos profesionais (5%), banca (5%), transporte aéreo (4%), axencias de viaxes (3%) e alugueiro de vivendas (3%).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión