Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2020

A OMIC abre un ano máis as portas a Tenda Solidaria do Nadal, A Casa dos Xoguetes

O próximo 14 de novembro e ata o 5 de xaneiro abre as súas portas a Tenda Solidaria do Nadal, A Casa dos Xoguetes, unha iniciativa solidaria da Oficina Municipal de Información as Persoas Consumidoras (OMIC), que conta xa cunha traxectoria de varios anos no concello para fomentar o consumo responsable de xoguetes, a solidariedade e economía circular.

Como colaborar con esta iniciativa?

Durante as datas sinaladas o servizo municipal recollerá, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenos e nenas de ata 14 anos.

Os xoguetes entregaranse gratuitamente a aquelas persoas interesadas en recibilos. Neste ano tan singular pola incidencia do  COVID, os xoguetes recibidos permanecerán antes de ser exhibidos nas nosas instalacións as xornadas suficientes para neutralizar o efecto do coronavirus.

Que pretende esta iniciativa?

Desexamos fomentar fundamentalmente o consumo responsable, a economía circular e a reutilización de xoguetes co obxectivo da redución do consumo de materias primas e a diminución da pegada de carbono na súa produción.

Os valores, o xogo saudable e os desexos positivos que se transmiten ao regalar un xoguete son moi importantes. Por esa razón, os nosos preferidos son aqueles que se apartan do belicismo ou de estereotipos de xénero. Se son sostibles e non consomen pilas, moito mellor!

Se despois da última xornada temos aínda xoguetes na nosa tenda, serán doados a unha ONG para a súa posterior distribución.

Que características debe de ter un xoguete para que o recollamos?

Para que sexa aceptada a doazón os xoguetes deberán ter as seguintes características:

  • Que sexan produtos deseñados ou previstos para ser utilizados con fins de xogo por nenas e nenos menores de catorce anos (xoguetes)
  • Deberán de reunir boas condicións de hixiene e de estado. E deben de ser seguros!

Localización da Tenda Solidaria de Nadal:

Rúa Juan Flórez, 104. A Coruña

Datas nas que o servizo permanecerá aberto ao público:

O servizo desenvolverase entre os días 14.11.2020 ao 05.01.2021. O horario será o seguinte:

NOVEMBRO

  • De luns a venres de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Sábados de 10.00 a 14.00 h.
  • Domingos pechado.

DECEMBRO

  • De luns a sábado de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Domingos e festivos de 12.00 a 20.00 h.
  • Horarios especiais no mes de decembro:
  • O 24 e o 31 de decembro horarios especiais entre as 12.00 e as 18.00 h ininterrompidamente.

XANEIRO

  • Do 2 ao 4 de xaneiro de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Día 5 de xaneiro de 10.00 a 21.00 h ininterrompidamente.
  • Horarios especiais no mes de xaneiro:
  • Día 1 de xaneiro de 12.00 a 18.00 h ininterrompidamente.
  • Día 5 de xaneiro de 10.00 a 21.00 h ininterrompidamente.

Acto de inauguración

O próximo sábado, 14 de novembro ás 12:00 horas terá lugar o acto de inauguración nas instalacións da tenda na Rúa Juan Flórez, 104 a cargo da Concelleira Diana María Sobral Cabanas, responsable de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios.

Nota final:

En atención ás singulares características deste ano a Casa dos Xoguetes que acolle o proxecto da Tenda Solidaria de Nadal contará cun protocolo de recepción, entrega e de visitas á propia instalación acorde ás medidas que ditan as autoridades sanitarias. Toda esta información estará ben visible na propia instalación e na páxina web municipal.

Na propia instalación figurarán tamén os horarios dos talleres infantís que se desenvolverán durante este período e que tamén poderán atoparse detallados na web municipal de referencia.

Para máis información pode chamar ao 981 18 98 20 ou ao teléfono de información  do municipio 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión