Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de febreiro de 2020

A Xunta de Goberno Local aproba a modificación da ordenanza para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas

Esta aprobación do proxecto de ordenanza municipal simplifica o procedemento da concesión de axudas para conservar e rehabilitar edificios de vivendas e o control económico destas

A Xunta de Goberno Local ordinaria que tivo lugar esta mañá no concello aprobou o proxecto de ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas na cidade. O Goberno local considerou axeitado acometer unha revisión profunda da ordenanza ata agora vixente para simplificar o procedemento da concesión de axudas, así como o control económico das obras obxecto delas, e unha determinación e cuantificación mais polo miúdo dos seus obxectivos.

As sucesivas modificacións realizadas nesta ordenanza municipal dende a súa entrada en vigor produciron unha certa disfunción no seu articulado, que dificulta a súa interpretación pola cidadanía e a tramitación das solicitudes de axudas polo Executivo local. Deste xeito, a dificultade na tramitación das últimas convocatorias realizadas nos anos 2017 e 2018 está a amosar claramente as debilidades desta ordenanza para facilitar procedementos áxiles para a concesión das axudas e para comprobar o executado e os seus importes.

A Xunta de Goberno Local tamén lle deu luz verde á prórroga do contrato de servizos de campamentos municipais urbanos en centros cívicos para nenas e nenos de 4 a 16 anos durante o verán e o Nadal (lote núm. 1) durante o período dun ano, que rematará o 15 de xaneiro de 2021, e cun orzamento máximo de 144.639 € (IVE incluído). Proximamente sairán a concurso as licitacións públicas de campamentos de día e campamentos tradicionais.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou impoñer á propietaria dun local no Orzán dúas infraccións moi graves por exceder o aforo en máis dun 25% xa que conta cunha licencia de actividade de café bar e cun aforo limitado a 24 persoas. O pasado 5 de xullo de 2019 ás 08.20 h da mañá a Policía Local contabilizou un total de 44 persoas, superando deste xeito nun 80% o máximo autorizado. O 29 de setembro de 2019 ás 08.15 h, a Policía Local contabilizou 38 persoas, superando nun 58% o límite autorizado. A sanción proposta por estas dúas infraccións tipificadas no artigo 32.a da Ley 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia é de 30.000 euros.

Ademais, a Xunta de Goberno Local tomou hoxe coñecemento da sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 da Coruña, no recurso (P.A.) 59/2019, a favor da Fundación Amancio Ortega Gaona, interposto pola exención do pago dun imposto pola construción da escola infantil da Sardiñeira, ao acordar o Goberno local en novembro pasado asumir o tributo e compensar á fundación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión