Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de julio de 2020

A Xunta de Goberno Local daralle luz verde ao proxecto do Plan especial de Labañou

Na sesión de mañá, tamén se aprobarán as obras de mellora da ponte da avenida da Universidade sobre a avenida García Sabell, por un importe de 884.013 euros.

A Xunta de Goberno Local daralle luz verde mañá ao proxecto do Plan especial de Labañou PE M18, promovido pola Asociación de propietarios "As Percebeiras". Unha vez aprobado, enviarase á Xunta para a súa avaliación ambiental estratéxica e, se for favorable, levarase ao Pleno para a súa aprobación inicial.

O polígono, situado entre o Paseo Marítimo, a avenida de Labañou, xunto ao grupo de vivendas de María Pita e o centro Padre Rubinos, contará con 12 bloques con 371 vivendas. Un 40% delas destinaranse a vivendas de protección oficial, o que servirá para impulsar a vivenda oficial na cidade. O plan tamén prevé construír un grande aparcadoiro público con 358 prazas, que servirá para paliar o déficit  de prazas no barrio, e mais construír locais comerciais.

O obxecto deste plan especial é lograr unha ordenación de calidade para o ámbito e que a súa incorporación na trama urbana co grupo de vivendas María Pita resulte beneficiosa para a contorna. Tamén se busca conectar a avenida de Labañou coa rolda de Outeiro; obter un espazo libre xunto ao Paseo Marítimo que permita unir os xardíns de Torrente Ballester e o Paseo Marítimo coa creación dun grande espazo verde e concentrar a edificación ao outro lado da vía de conexión entre a avenida e a rolda.

A superficie do ámbito é de 43.941 m², cunha superficie edificable de 60.000 m² repartida nun 83,33% de uso residencial (49.998 m²) e un 16,67% de uso terciario (10.002 m²).

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o proxecto de reparación da ponte da avenida da Universidade sobre a avenida García Sabell, cun orzamento de 884.013 euros e será informada da resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Galicia TACGal. O concello anulará o procedemento que se excluíu a oferta presentada pola UTE Valoriza Servicios Ambientales y Arias Infraestruturas SA na licitación do contrato do Servizo de conterización, recollida e transporte de residuos urbanos da Coruña. Tamén se tomará coñecemento da resolución do Tribunal en relación ao recurso presentado pola UTE Copasa. Geseco-Sectel Building, que obriga ao concello a retrotraer o expediente de valoración das propostas e examinar de novo se os vehículos ofertados pola UTE para a recollida dos residuos na zona centro cumpren as condicións contempladas no prego de contratación.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén lle concederá a Abeconsa SL unha  licenza para modificar o proxecto de construción dun edificio no soar 14 na rúa Marqués de Amboage. O obxectivo é reducir o número de vivendas de 24 a 22, modificar a distribución das vivendas, de dous rochos e do local comunitario da planta baixa.

Ademais, autorizarase a suspensión de contratos da xestión de servizos e cesamento da prestación de servizo público das Escolas Infantís Municipais do 21 ao 31 de xullo de 2020.  A prestación contractual reiniciarase o 1 de agosto para realizar tarefas de matrícula de novas e novos usuarios e preparación das instalacións para o inicio do novo curso escolar.

As empresas concesionarias foron compensadas polas perdas de ingresos e o incremento dos custos soportados polo peche. O concello liquida estas compensacións mensualmente desde o mes de abril. Están en tramitación tamén as compensacións correspondentes ao período do 16 ao 31 de marzo.

Na sesión de mañá, daráselle luz verde á resolución por mutuo acordo do contrato de servizos para organizar e xestionar o programa educativo municipal "Bolsas USA", que foi cancelado pola pandemia da Covid-19 ante a imposibilidade de garantir a  seguridade e saúde das persoas beneficiarias. O concello está analizar todas as alternativas para que o alumnado poida realizar a viaxe de estudos no curso 2021/2022.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local estimará de maneira parcial o recurso presentado por unha persoa particular contra as bases da convocatoria das Escolas Infantís Municipais. Modifícase o apartado VII, que recollerá que, unha vez completado o proceso de admisión e sempre que existiren prazas vacantes, abrirase un novo prazo de solicitude. Someterase, neste caso, aos mesmos criterios de baremación sinalados nestas bases. Nesta nova convocatoria, poderán solicitar praza as persoas empadroadas con posterioridade ao 1 de xaneiro, sempre que non existir demanda do servizo por persoas que cumpran este requisito.

Tamén se aprobará a concesión dunha subvención á Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña, coa finalidade de promover a práctica do fútbol afeccionado, por un importe de 200.000 euros, e outra ao Hóckey Club Liceo da Coruña por un importe de 95.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión