Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2020

A Xunta de Goberno Local prorroga nove meses o contrato de xestión de axudas a domicilio

Na sesión extraordinaria desta mañá, o concello ampliou o convenio, co fin de que nesta situación de crise sanitaria se garanta a cobertura de necesidades básicas esenciais á cidadanía, por un gasto de 3 millóns de euros, até o 1 de xaneiro de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá nunha sesión de carácter extraordinario a prórroga forzosa de nove meses iniciais do contrato da xestión do servizo público de axuda a domicilio (SAD III) á empresa OHL Servicios Ingesán, S.A., logo de que rematasen o pasado 28 de marzo os dous anos de prazo de duración do convenio.

Debido á situación actual de crise sanitaria, o Goberno local ve primordial que non se interrompan en ningún caso as prestacións domiciliarias que garantan a cobertura de necesidades básicas esenciais e, en aplicación da cláusula 9.ª do prego de cláusulas particulares, acordou ampliar o contrato até o 1 de xaneiro de 2021. Deste xeito, autorizou un gasto de 3 millóns de euros e notificoulle a resolución do convenio á empresa contratista.

A prórroga farase efectiva desde o 2 de abril e terá esta duración inicial, agás que conclúa o procedemento de contratación que dea continuidade a esta prestación de servizos e formalizarase o seu respectivo contrato administrativo nunha data anterior ao 1 de xaneiro do ano que vén. Neste suposto, a duración desta prórroga finalizará o día anterior ao establecido como día de inicio da prestación do servizo no novo contrato formalizado e darase por rematado o actual nesa data de finalización.

Aínda así, se o procedemento de contratación que lle dea continuidade a esta prestación de servizos non concluíse e o seu respectivo contrato non se formalizase antes da data fixada para o termo desta prórroga, esta podería ser obxecto de ampliación, por acordo do órgano de contratación, polo prazo de duración preciso para que a dita conclusión e formalización se realizasen.

Por outra banda, a partida de 3 millóns de euros comprometida é con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.22723, en que existe unha consignación axeitada e suficiente para afrontar o gasto, a favor da empresa OHL Servicios Ingesán, S.A.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión