Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de enero de 2023

Aberta a inscrición nas actividades programadas na Escola de Benestar e Apoderamento, con obradoiros de autodefensa, saúde sexual e arteterapia

As sesións comezarán o vindeiro xoves 19 de xaneiro. As presenciais terán lugar no Centro de Información á Muller (CIM)

Xa está aberta a inscrición para as actividades programadas este ano na Escola de Benestar e Apoderamento, unha iniciativa da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá que ten como obxectivo favorecer o apoderamento tanto individual como colectivo das mulleres para contribuir á  transformación social. As actividades comezarán a partir do 19 de xaneiro.

Trátase dun recurso dirixido principalmente a mulleres e adolescentes do concello e configúrase como un espazo de encontro, intercambio e formación onde darlle voz e lugar ao pensamento, ás experiencias e vivencias que teñen como protagonistas ás mulleres. Conta cun programa de obradoiros formativos presenciais e conversas en liña dirixidos á promoción do autocoidado, á creación de redes, á reflexión colectiva da nosa realidade e ao intercambio de ferramentas para cambiala, dando pasos cara unha sociedade máis xusta.

Os obradoiros e conversas abranguen diferentes eixes temáticos co fin de contar cunha oferta formativa multidisciplinar:

  • Autocoidado. Obradoiros presenciais de mindfulness, autodefensa e adestramento físico e un taller en liña de autonomía emocional.
  • Expresións artísticas. Arteterapia a través do debuxo e a pintura e taller de escritura terapéutica. Ambos obradoiros son presenciais.
  • Sexualidade. Obradoiros sobre saúde sexual e reprodutiva que se ofrecen de forma presencial e en liña
  • Canons, estereotipos e roles. Obradoiros presenciais de fomento da asertividade, a sororidade e a autoestima. Tamén se tratarán asuntos como a sexualización das mulleres.
  • Internet e redes sociais. Obradoiros presenciais
  • Violencias machistas. Obradoiros en liña sobre asuntos como o ciberacoso, o ciberactivismo e á gordofobia.

Ademais, está programado un ciclo en liña que baixo a denominación "Conversas con mulleres que apoderan" abordará temáticas relativas ás mulleres nas artes escénicas, o ecofeminismo, e o deporte desde a perspectiva de xénero e a discapacidade.

As sesións están abertas a mulleres de todas as idades que poden acudir acompañadas das súas fillas a partir de 12 anos. Os talleres presenciais ofreceranse no Centro de Información á Muller (CIM).

Todas as actividades son de balde e teñen límite de prazas. Poden realizarse as inscricións a través do formulario na web da Escola de Benestar e Apoderamento .

O prazo de inscrición para cada actividade, con carácter xeral, pecharase 8 días antes do seu comezo. As prazas asignaranse por orde de inscrición ata completar a capacidade.

Documentos:

Programación da Escola de Benestar e Apoderamento 2023 (3 MB)

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión