Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de enero de 2023

Aberto ao tráfico o tramo final da avenida de Oza, con renovadas beirarrúas e zonas verdes e con 44 novas prazas de aparcamento

Os traballos, que se centraron na contorna de Casablanca, permitiron a ampliación dos espazos peonís. Ademais, acometéronse melloras na parada de autobús do número 290, facéndoa máis accesible

O Concello rematou os traballos de reurbanización no tramo final da avenida de Oza, que conecta coa avenida da Pasaxe no barrio dos Castros, prolongando o tramo de beirarrúas existente, que actualmente remata á altura da rúa Boavista, e ampliándoo en paralelo ao percorrido do oleoduto.

A intervención, executada co obxectivo de incrementar os espazos peonís na contorna, aproveitou para levar a cabo unha reestruturación da área de estacionamento en Casablanca, onde a distribución anterior sumaba 33 prazas dispoñibles. Agora, tras a conclusión dos traballos, que incluíron a disposición do estacionamento en batería, as prazas de aparcadoiro suman 77 en total, máis do dobre. Esta serie de cambios supuxeron a supresión dun dos sentidos de circulación da rúa, mantendo o de saída desde Os Castros ata a conexión coa avenida da Pasaxe. 

Ademais, tamén se executaron melloras na parada de bus ubicada no número 290 da avenida de Oza, fácendoa máis accesible ás persoas usuarias.

Nos vindeiros días o servizo de Medio Ambiente executará unha batería de intervencións para embelecer a contorna, dotando á zona de novo arboredo e instalando mobiliario urbano. Ademais, estase a traballar actualmente no axardinamento da pendente lindeira á senda peonil que bordea o oleoduto.

Esta actuación enmárcase no plan de mellora da mobilidade posto en marcha polo Goberno de Inés Rey, con accións encamiñadas a gañar espazos peonís na cidade que, ademais, nalgúns casos, supoñen tamén un aumento no número de prazas de aparcadoiro ao trocar o estacionamento en liña por estacionamento en batería en localizacións analizadas e estudadas previamente polo servizo municipal de Mobilidade.

Mellora na mobilidade na avenida da Pasaxe e Casablanca

A reurbanización no tramo final da avenida de Oza súmase ás intervencións xa executadas durante o vixente mandato nas inmediacións de Casablanca.

Por orde cronolóxica, a área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade acometeu, en marzo do 2020, obras para a disposición dun aparcadoiro disuasivo baixo o viaduto do porto; tamén, en marzo do 2020, melloras para a accesibilidade na parada de autobús na avenida da Pasaxe, 15 e, por outra banda, xa en decembro do 2020, a reparación do firme de formigón no paseo de Casablanca.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión