Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de decembro de 2022

Abre este venres o prazo de inscrición nos obradoiros de cociña infantil que terán lugar nas dastas de Nadal nos Mercados Municipais

Os talleres están deseñados para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos, que se achegarán ás receitas gastronómicas máis propias destas datas. A asistencia, limitada a 25 pequenos por sesións, será de balde

Este venres, día 9, o Concello abre o proceso de inscrición nos obradoiros de cociña creativa infantil que terán lugar entre os días 23 e 29 de decembro nos Mercados Municipais. As bases para tomar parte nos talleres xa están publicadas na páxina web da Concellaría de Comercio, Mercado e Barrios.

Os talleres, deseñados para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos, estarán dinamizados por un cociñeiro acreditado e tres monitores, que lles achegarán ás e aos máis pequenos as receitas gastronómicas propias das datas do Nadal.

A asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa, e a capacidade dos obradoiros estará limitada a 25 nenas e nenos por sesión. Cada nena ou neno poderá asistir a unha sesión como máximo, pero coa posibilidade de marcar dúas opcións por orde de preferencia no formulario de inscrición. O calendario é o seguinte:

  • 23 de decembro (11.00 a 13.00 horas): Mercados de Eusebio da Guarda e San Agustín.
  • 26 de decembro (11.00 a 13.00 horas): Mercados de Durmideiras e Elviña.
  • 27 de decembro (11.00 a 13.00 horas): Mercados de Monte Alto e Eusebio da Guarda.
  • 28 de decembro (11.00 a 13.00 horas): Mercado das Conchiñas e San Agustín.
  • 29 de decembro (11.00 a 13.00 horas): Mercados de Elviña e Monte Alto.

A inscrición poderá realizarse desde as 10.00 horas deste venres, e ata as 14.00 horas do luns 12, polas seguintes vías:

  • Correo electrónico: remitindo o formulario cuberto a info@totemgestion.com.
  • Presencialmente, nos Mercados Municipais de referencia: entregando o formulario en conserxería no horario de atención ao público.

Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas, nos Mercados Municipais, na páxina web de Mercados e tamén a través da páxina web da empresa organizadora das actividades previstas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión