Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de junio de 2021

Acordo unánime para que o novo PRESCO inclúa a tramitación de axudas directas cunha declaración responsable que simplifica os trámites administrativos e acurte os prazos

As axudas serán de 2.000 euros para persoas autónomas e micropemes. Os grupos políticos da Corporación avanzaron nas bases que se utilizarán para outorgar as subvencións O novo modelo de solicitude será máis sinxelo, terá un prazo máximo de resolución de catro meses e bastará cunha declaración responsable para acceder aos pagos

O Concello da Coruña avanza cara a aprobación dun novo PRESCO. Na Comisión de Economía e Facenda que tivo lugar está mañá -a segunda nunha semana- para tratar sobre o plan de rescate de 2021, o Goberno Local e os grupos políticos acordaron incluír a tramitación de axudas directas cunha declaración responsable que simplifica os trámites administrativos e acurtará os prazos.

As axudas directas serán de contía única (2.000 euros) para as persoas autónomas e as micropemes afectadas polas medidas postas en marcha para lle facer fronte á pandemia.

O voceiro do Goberno municipal e concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, explicou que na comisión se acadou un alto grao de consenso e que se incorporaron diversas achegas dos grupos da oposición que mellarán a proposta inicial para xestionar o pago das axudas directas.

"Agradezo as achegas feitas por parte de todos os grupos políticos, porque enriquecen o PRESCO e contribuirán a que lle resulte máis áxil e máis útil á cidadanía, algo que tamén é unha prioridade para a nosa alcaldesa, Inés Rey", indicou Lage Tuñas.

Así, redúcese o prazo máximo de resolución dos 6 aos 4 meses. As persoas solicitantes terán que estar ao corrente do pago das súas obrigas coa Administración no momento da concesión, a través ducha declaración xurada, co fin de lle dar cumprimento á lei de subvencións.

Outras das novidades será que as/os autónomas/os ou empresas tampouco terán que exhibir un distintivo que acredite a concesión das axudas cando estas sexan para o pago do alugueiro ou as cotas da Seguridade Social, mais si nos resto dos casos, coma nos bonos de promoción de comercio, tamén previstos no próximo plan de estímulo.

Na comisión estiveron presentes as/os voceiras/os de todos os grupos, Rosa Gallego (PP), Iago Martínez (Marea Atlántica), Francisco Jorquera (BNG) e Isabel Faraldo (Non Adscritos).

José Manuel Lage destacou a boa disposición dos grupos para chegar a un acordo neste mesmo mes de xuño. De feito o vindeiro luns as/os voceiras/os volverán  reunirse nunha nova comisión para pecharen os aspectos pendentes da negociación que permitan a aprobación e posta en marcha, coa maior celeridade, do novo PRESCO.

Lage Tuñas agarda que se poida repetir a unanimidade que permitiu, en xuño do ano pasado, a aprobación do primeiro plan de rescate.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión