Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2020

Alvedro resiste mellor a crise que outros aeroportos nacionais

Os datos acumulados de xaneiro a xullo de 2020 sitúan o aeródromo coruñés como 18.º en España, dúas posicións por riba que con respecto a 2019, en que ocupaba a posición 20

O aeroporto da Coruña leva anos medrando de maneira significativa. De feito, no período 2018-2019 Alvedro foi o terceiro aeródromo español canto a crecemento entre os aeroportos españois de máis dun millón de pasaxeiros/as. O seu crecemento de pasaxeiros/as situouse no 10,3%, máis do dobre da media do conxunto na rede de AENA, que é dun 4,4%.

Deste xeito, Alvedro resiste mellor a crise de demanda global xerada pola Covid-19 que outros aeroportos españois. Os datos acumulados de xaneiro a xullo de 2020 sitúan este aeródromo como o 18.º aeroporto español, dúas posicións por riba se o compararmos co ano 2019, en que ocupaba a posición 20.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, sinala que "tendo en conta a dura situación que estamos vivindo a consecuencia da pandemia, os datos do aeroporto de Alvedro están moi por riba da media" e, asegura, "seguiremos traballando con todas as partes involucradas no seu progreso para que a tendencia continúe sendo de crecemento".

Así pois, mentres que no período indicado no conxunto da rede de AENA sufriu unha redución de case  o 68%, Alvedro sufriu unha caída lixeiramente menor, dun 63,2%. Ademais, entre os aeroportos da súa categoría, de 1 a 3 millóns de pasaxeiros/as en 2019, é o que mellor resistiu a crise da Covid-19, só por detrás do aeródromo de La Palma.

Tráfico de pasaxeiras/os dos aeroportos españois de entre 1 e 3 millóns de pasaxeiros/as (fonte: AENA):

Pasaxeiros 2019

Pasaxeiros xaneiro-xullo 2020

% xaneiro-xullo 2020 vs xaneiro-xullo 2019

La Palma

1.483.720

403.252

-53,0%

A Coruña

1.352.583

286.257

-63,2%

Fgl Granada-Jaen

1.251.926

256.855

-64,5%

Asturias

1.417.433

285.237

-64,6%

Seve Ballesteros-Santander

1.174.896

227.079

-66,0%

Santiago-Rosalía De Castro

2.903.427

530.952

-67,9%

Vigo

1.012.447

182.914

-69,3%

Aeropuerto Intl. Región Murcia

1.090.954

156.033

-75,3%

Jerez De La Frontera

1.120.742

136.391

-79,0%

Girona

1.932.255

120.509

-88,9%

Reus

1.046.062

21.247

-96,4%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión