Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de diciembre de 2021

Arranca a Semana Deportiva do Nadal con ducias de nenos e nenas inscritas nas diferentes actividades

Este campamento desenvolverase en diferentes instalacións municipais e da cidade durante os próximos días

Un total de 62 nenos e nenas participan desde hoxe na Semana Deportiva do Nadal que organiza o Concello da Coruña a través da súa concellaría de Deportes. Esta actividade ten como obxectivo ofrecer unha variada e diversa oferta deportiva nestas vacacións escolares e permitir a pais e nais conciliar coa súa xornada laboral. 

Dos 62 inscritos hai 25 do grupo de idade entre 6 e 8 anos e 37 que teñen entre 9 e 12 anos. Acompañados de monitores especializados, durante esta semana practicarán todo tipo de deportes grazas á variada oferta de instalacións e materiais da que dispón o servizo municipal de Deportes.

Entre os lugares aos que asistirán está o campo municipal de Golf da Torre, a piscina municipal de Riazor, o Frontón de Riazor, a pista de atletismo do Pazo dos Deportes, a sala de esgrima da Casa da Auga, o rocódromo municipal, a pista de xeo da Cubela ou as instalacións do Sporting Club Casino. As nenas e os nenos participantes poderán practicar o atletismo, a esgrima, a loita, o boxeo, o waterpolo, o tenis ou o golf.

As actividades prolongaranse ata o venres en horario de 8.15 a 14.00 horas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión