Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de octubre de 2021

As festas do Rosario traerán a Kiko Veneno, Zenet, León Benavente, Cariño e Garufa Blue Devils

Por primeira vez programaranse concertos en San Andrés na aposta do Concello pola revitalización desta rúa A programación, que será gratuíta e co público de pé, complementarase con música tradicional, corais e espectáculos infantís nos barrios

O Concello impulsará a festividade do Rosario cunha programación cultural desde hoxe até o 12 de outubro pensada para todos os públicos. Deste xeito, San Andrés será o epicentro musical esta fin de semana cos concertos da Garufa Blue Devils Big Band e Kiko Veneno, este sábado, a partir das 20.00 horas, e de Cariño e Zenet o domingo nunha sesión vermú, que comezará ás 12.30 horas. Con esta novidade, o Goberno de Inés Rey aposta por revitalizar esta rúa que se está a peonalizar as fins de semana.

Dentro do apartado dos concertos, e como festa final da Carreira de Orientación Raid Gallaecia-AR World Championship 2021, o sábado ás 20.00 horas actuará Abraham Boba (León Benavente) no Parrote.

Ademais, este programa máis amplo e que abrangue distintos barrios da cidade confirma a aposta do Concello polos artistas e creadores locais, pola música tradicional, pola Banda Municipal que actuará o domingo ás 12.00 horas na praza de María Pita, pola danza, as corais e por levar a programación infantil a todos os barrios.

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL

A música tradicional empezará o xoves 7, coas actuacións de El Eco e Cántigas da Terra na igrexa e na praza de Santo Domingo, respectivamente. Agrupacións musicais como Birloque, Son d´aquí, Eidos Aturuxo, a Tuna de Veteranos, Donaire, Xacarandaina, Pandereteiras sen Fronteiras e a Trova Coruñesa percorrerán os diferentes barrios o sábado 9, o domingo 10 e o martes 12.

FESTIVAL 15 GOTAS DE DANZA

A danza irrumpirá o domingo coa celebración do Festival 15 gotas no castelo de Santo Antón, coas actuacións entre as 12.30 e 14.00 horas de Kirenia Danza e as compañías Elahood e Glovo, que darán paso a unha segunda entrega, de 18.00 a 20.00 horas, da compañía Entremans, Marcia Vázquez, Laboratorio Escénico Danza e FullTime Company e Fabian Tome.

ROSARIÑO INFANTIL

A cativada será tamén protagonista a través do Rosariño infantil, que ofrecerá o sábado aos títeres de "A lenda de Hércules", ás 12.30 e ás 18.00 horas nos xardíns da Mariña e no campo da Leña, respectivamente, e o espectáculo itinerante "O mundo do circo", que dinamizará a partir das 13.00 horas o barrio da Agra con paradas na praza do Comercio, As Conchiñas e na rúa Barcelona. Xa pola tarde, actuarán nos Cantóns, ás 18.00 horas.

O Rosariño Infantil acollerá tamén o domingo a posta en escena de Rufina e Benito no parque de Oza e no Castrillón, ás 12.30 horas, que repetirán pola tarde nos Rosais a partir das 18.00 horas. Pshycodelia deleitará ao público máis pequeno na praza de Vigo, na de Lugo e Pontevedra, a partir das 13.00 horas, e no Teatro Colón, A Mariña e O Parrote, desde as 18.00 horas.

O martes, os títeres A lenda de Hércules despedirán a programación ás 12.30 horas na rúa Barcelona e nas Conchiñas.

FESTIVAL DE CORAIS

Por último, a programación inclúe un festival de corais na capela das Capuchinas todos os días menos o luns, ás 20.30 horas, que levará as voces de Canta Compaña e Canticorum (hoxe), do Coro Sancta María Maris e Follas Novas (mañá), Orfeón Herculino e El Eco (o sábado), El Acorde Secreto e Ludus Tonais (o domingo) e da coral da ONCE e Cantabile (o martes) a este espazo.

Todas as actuacións serán gratuítas e por inscrición por orde de chegada ata completar a capacidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión