Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de agosto de 2020

As obras de ampliación do comedor do CEIP Curros Enríquez avanzan segundo o previsto

O concello destina 17.000 euros para esta actuación, que permitirá un uso máis cómodo e seguro do comedor deste centro escolar por parte do alumnado.

O pasado venres comezaron as obras do comedor do CEIP Curros Enríquez, que permitirán aumentar a súa superficie para lle dar cabida á crecente demanda deste servizo por parte do alumnado. Co obxectivo de incrementar os metros cadrados, engadirase a aula patio C á estancia, que até o momento ocupaba a Escola Municipal de Música, xunto a unha segunda que seguirá utilizando.

As obras executaranse en catro semanas e incluirán a retirada dos paneis illantes da aula C e a demolición da separación interior que diferenciaba o comedor da clase. Así mesmo, levantaranse o lousado de cortiza desta estancia e acondicionaranse ambas as instalacións.

O concello destina 17.000 euros para esta actuación, que permitirá un uso máis cómodo e seguro do comedor por parte das e dos pequenos. Á súa vez, o centro escolar reservaralle un segundo espazo á Escola Municipal de Música, tras chegaren ambos a un acordo que reforza os anos de colaboración. Pola súa parte, o concello estuda a posibilidade de lle proporcionar un novo emprazamento a esta institución. Deste xeito, a alcaldesa, Inés Rey, cumpre tamén co seu compromiso de que o curso empezaría co comedor posto a punto para ofrecer un servizo mellor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión