Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de febrero de 2023

Así será o sector leste do Paseo Marítimo da Coruña, onde avanzan os traballos de humanización entre o Dique de Abrigo e Santo Amaro

O proxecto conta cun orzamento superior aos 3 millóns de euros e suporá a renovación de 1.500 metros da vía, con novos carrís bici e de corredores e a creación de zonas verdes e de lecer

O Concello da Coruña avanza nos traballos de humanización do Paseo Marítimo, no seu tramo entre o Dique de Abrigo e o cemiterio de Santo Amaro. Este sábado, a alcaldesa, Inés Rey, asistiu á presentación pública do proxecto, que tivo lugar na Coiraza do Orzán. Desde o mes de decembro veñen facéndose traballos previos e renovouse xa a iluminación.

Estes traballos teñen un orzamento de 3,1 millóns de euros e están cofinanciados con fondos europeos FEDER, a través da estratexia EIDUS Coruña. O obxectivo da reforma do Paseo Marítimo neste tramo procura melloralo en termos urbanos e ambientais e "naturalizalo e humanizalo", como indicou a rexedora. "Desde o Concello apostamos por unha nova maneira de entender a mobilidade nos nosos espazos urbanos, buscando amplialos para o uso e gozo da cidadanía", apunta Inés Rey.

A intervención renovará case 1.500 metros do Paseo. Substituirase o firme, soterrando os carrís do tranvía aínda existentes na zona. Actualizarase tamén a infraestrutura do carril bici, con novas dimensións de 2,5 metros e novo pavimento, e a do carril para correr, que será bidireccional con 2 metros de ancho. As zonas de circulación de vehículos e bicicletas estarán separadas por elementos vexetais.

O novo Paseo Marítimo contará tamén con novas zonas verdes. Está previsto axardinar uns 7.000 metros cadrados con novas árbores. Ademais, esta actuación prevé a creación de espazos de ocio e lecer. "A renovación deste tramo do Paseo Marítimo é unha máis das actuacións coas que buscamos impulsar un modelo de cidade activo para A Coruña", dixo a alcaldesa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión