Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2021

Benestar Social abre o prazo de solicitude de subvencións para os taxis adaptados

O Concello destina 18.000 euros ao mantemento destes vehículos co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas con diversidade funcional

A concellaría de Benestar Social abre o prazo para solicitar as subvencións económicas para o mantemento e compensación dos gastos de taxis adaptados ás persoas con mobilidade reducida durante o 2021.

O Concello destina 18.000 euros ao mantemento destes vehículos co obxectivo de favorecer a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas, as xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica que sexan titulares dunha licenza de vehículo adaptado para transportar persoas con mobilidade reducida ou discapacidade concedida polo Concello da Coruña. Tamén deberán xustificar se recibiron outras subvencións, non estar incurso nalgunha das causas de prohibición para percibir subvencións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, xeral de subvención e atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es no prazo dun mes a partir de hoxe, data na que aparece publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión