Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de febreiro de 2020

Benestar Social creará unha rede de puntos de información para a xuventude

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, pretende reforzar a coordinación de todos os servizos e programas relacionados coa mocidade

A Concellería de Benestar Social e Igualdade creará unha rede de puntos de información para a mocidade. Para iso, descentralizará o servizo que, na actualidade, se presta no  Forúm Metropolitano, cara a outros dous puntos. O centro Ágora e as naves do Metrosidero son as ubicacións elexidas para albergar os outros dous puntos. O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) continuará coa súa localización no Fórum Metropolitano, debido a que se consolidou como punto de referencia tras máis de 15 anos atendendo aos mozos e as mozas.

O segundo punto no centro Ágora responde, explican desde a concellería,  a que o centro ofrece múltiples actividades e servizos xeneralistas. Segundo os datos da concellería sobre a poboación do distrito, ocupa a primeira posición en canto á poboación xuvenil. É un emprazamento óptimo para explorar as interaccións entre o colectivo xuvenil e o resto da poboación que acode ao Centro Ágora.

As naves do Metrosidero albergarán o terceiro punto de información. O concello aspira a que este centro se converta no equipamento de referencia para a mocidade da Coruña e da área metropolitana e sirva como "banco de probas" para accións de dinamización e difusión de carácter innovador.

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, pretende reforzar neste mandato a coordinación de todos os servizos e programas relacionados coa xuventude. "O traballo coa mocidade é tranversal", explica Neira. Por iso, é necesario a coordinación con outros servizos de información xuvenil tanto públicos como privados existentes na cidade e na área metropolitana, así como co resto de servizos de calquera ámbito que atenden á poboación nova.

A concellería pretende modernizar a rede de información. Trátase, din, de adaptar a información ás recomendacións da Unión Europea a través das normas establecidas na Carta  ERYICA.

Para levar a cabo esta iniciativa, a Xunta de Goberno Local autorizará mañá  a contratación do servizo de xestión da Rede Municipal de Información Orientación, Dinamización e Acompañamento á mocidade para o seu desenvolvemento persoal do Concello da Coruña que fomente a estabilidade no emprego, a igualdade entre todas as persoas e o respecto ao  medioambiente na súa execución, por un importe de 352.408,66 euros anuais. A duración do contrato é de dous anos  prorrogables por dous anos máis ata un máximo de catro.

Ampliarase o persoal con dous informadores máis. Deste xeito, o servizos contará con:

    Un/unha coordinador/a

    6 informadores/ as xuvenís

    1 técnico/a informático/a.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión