Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de setembro de 2020

Benestar Social impulsa a primeira edición da mostra CINEMABEIRO na Domus

O ciclo de proxeccións audiovisuais pola paz e a non violencia, que terá lugar esta fin de semana e será totalmente gratuíto, contará con 16 curtametraxes e 4 longametraxes, así como 5 mesas de debate posteriores

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, presentou no consistorio a primeira edición de CINEMABEIRO, a Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a Non Violencia, organizada pola asociación Mundo Sen Guerras, co patrocinio da Fundación Emalcsa e colaboración do Concello da Coruña. Na presentación tamén participaron a programadora do evento, María Núñez, e a presidenta de Mundo Sen Guerras, Marisa Fernández.

Yoya Neira augurou "unha longa traxectoria ao CINEMABEIRO", que será un valor máis para animar "o debate e reflexión crítica sobre a importancia dos dereitos humanos no noso país e loxicamente no ámbito global".

A mostra, que será de balde e terá lugar na Domus os días 2, 3 e 4 de outubro, promove a concienciación social do público a través de distintas proxeccións, todas elas na Domus, defendendo os Dereitos Humanos, a democracia, a paz, a ecoloxía e a solidariedade a favor dos colectivos máis desfavorecidos. "Haberá 5 mesas de debate ás que poder acudir virtualmente tratando temas como a emigración, feminismo, ecoloxía, o dereito á educación ou a discriminación por sexo como elemento de exclusión social", sinalou a programadora do CINEMABEIRO, que tamén explicou que serán un total de 20 proxeccións audiovisuais: 4 longametraxes e 16 curtametraxes. A programación poderá consultarse na páxina web cinemabeiro.gal e as entradas, sen custo, deberán reservarse en Eventbrite.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión