Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2020

Benestar Social pon en marcha un teléfono de acompañamento para combater a soidade nos fogares

A liña 900 929 500 será atendida por voluntarias/os que charlarán un pouquiño con quen necesite falar do seu para levar mellor estes días de confinamento na casa Entre o grupo de cooperantes, hai psicólogas/os que poderán dar unha asistencia máis profesional se for preciso

A Concellería de Benestar Social porá en marcha nos próximos días a iniciativa "Acompáñote. Liña de atención telefónica" pensada para que aquelas persoas que están soas durante a corentena poidan conversar uns momentiños con voluntarias e voluntarios e consigan levar mellor estas semanas de confinamento. Para iso, habilitarase o teléfono gratuíto 900 920 500 ao que poderán chamar todas e todos os que necesiten falar. Serán atendidos por algunha das máis de 500 persoas voluntarias que se inscribiron no servizo ao inicio deste estado de alarma.

Desde o concello remitíuselle ao grupo de colaboradoras/es un correo para lles explicar esta nova asistencia telefónica e solicitóuselles a súa dispoñibilidade horaria e por días. Deste xeito, organizaranse quendas para que cando se reciba unha chamada, a central redirixiraa a unha das persoas que estean operativas nese momento. Daráselle prioridade a quen aínda non participase en ningunha das peticións cidadás de axuda que a veciñanza demandou a través do 010, pero ao resto tamén se lle permitirá colaborar.

Tamén desde o 010, as e os profesionais que atenden este servizo reconducirán as chamadas das e dos que queiran contactar nesta liña co fin de lle dar un alento á cidadanía que está sen compañía nesta crise do coronavirus. En ningún caso é un servizo de información sobre a pandemia nin de emerxencia, senón que xorde coa vontade de lles ofrecer un apoio ás persoas que non teñen forma de comunicárense.

Conscientes de que hai moita xente que non ten unha rede familiar e social na que apoiarse e de que moitas persoas non teñen acceso ao mundo dixital, a concellería abriralles unha xanela na que poder charlar sobre gustos, afeccións e sobre todo aquilo que lles faga sorrir e pasar un tempo agradable. Entre o grupo de voluntariado inclúense psicólogas e psicólogos que poderán realizar unha asistencia máis profesional en caso de que a persoa que está ao outro lado do teléfono o precise.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión