Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de febrero de 2021

Benestar Social publica a listaxe de persoas solicitantes e requeridas do BonoTaxi

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou “o compromiso do Goberno local en publicar a lista definitiva o antes posible para que as persoas beneficiarias destas axudas poidan empregar os bonos a maior cantidade de meses posible”

O Concello, a través da Área de Benestar Social, publica a listaxe de persoas solicitantes e requiridas da convocatoria de axudas para o transporte en taxi, o BonoTaxi 2021, que se pode consultar na seguinte ligazón do portal web municipal: http://bit.ly/2Na24Yk.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, destacou "o compromiso do Goberno local en publicar a lista definitiva o antes posible para que as persoas beneficiarias destas axudas poidan empregar os bonos a maior cantidade de meses posible". Por iso, "a convoctaria fíxose pública o 27 de novembro, a data máis temprana dos últimos anos, cumprindo así unha vella demanda das persoas usuarias".

O prazo para presentar a documentación requirida remata o 19 de febreiro de 2021. As persoas interesadas solicitantes que non emenden a solicitude ou presenten a documentación preceptiva no prazo establecido, entenderase que desisten da súa solicitude.

No documento que se atopa na web municipal pódese consultar a listaxe de persoas solicitantes coa indicación do resultado do proceso de verificación de cumprimento dos requisitos nesta convocatoria, e a relación de persoas solicitantes requiridas no procedemento de Axúdalas BonoTaxi 2021.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión