Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de setembro de 2020

Benestar Social publica a listaxe provisional das bolsas comedor

As familias poden consultar a relación de admitidos/as e exluídos/as provisionalmente no Taboleiro de editos do portal web do concello e aquelas solicitudes que non foron aceptadas terán un prazo de 10 días para subsanar os erros da documentación entregada

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación publica a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as na páxina web de Servizos Sociais do Concello da Coruña: https://bit.ly/35atIvF.

Na relación de nenos/as non admitido/as detállase o porqué desta decisión para que as e os solicitantes poidan subsanar os erros na documentación ou realicen as alegacións pertinentes. O prazo aberto para esta subsanación é de 10 días.

Desde a concellería anuncian que se habilitarán multitude de extensións telefónicas municipais para que as persoas solicitantes que non foron admitidas poidan pedir información ao respecto e se lles resolvan todas as dúbidas que poidan xurdir. Para contactar con estas extensións telefónicas de información, que operan de luns a venres mañá e tarde, pódese chamar ao 010 e pedir que se lles redirixa co punto informativo das bolsas comedor, ou ben  contactando no número do concello, 981 18 42 00, e marcando as extensións:

  • En horario de mañás (9.00 a 14.00 h): 33034, 33035, 33028, 33029, 33098, 33026, 33030, 33011, 33015, 33016, 67125, 33061, 33014; e nos teléfonos 981 184 370 e 981 184 294.
  • En horario de tardes (16.00 a 20.30 h): 981 189 885, 981 184 372, 981 184 360, 981 184 294, 981 184 350, 981 184 370, 981 184 358, 981 184 362, 981 184 364 e 981 184 379.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión