Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de abril de 2020

Benestar Social resolve preto de 400 demandas de emerxencia social durante a primeira quincena do estado de alarma

O servizo realizou 2.400 asistencias entre os cinco puntos operativos de San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña A concellería de Benestar Social, que dirixe Yoya Neira, prorroga até tres meses as axudas alimentarias e concede 174 máis derivadas a entidades sociais coas que ten convenios asinados

Os Equipos de Atención Social (EAS) da Concellería de Benestar Social continúan atendendo estes días a cidadanía de forma telefónica. O servizo resolveu, a través do 010, un total de 400 solicitudes de emerxencia social desde que se decretou o estado de alarma e realizou 2.400 atencións entre os puntos en que están operativos: San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña. As máis de 400 demandas que recibiron foron por parte de novas persoas usuarias e tamén de habituais que empregaron esta canle para contactaren co persoal. Canto ás axudas de emerxencia, no proceso de tramitación contaron coas áreas de Intervención Municipal e Facenda, co fin de lles axilizar a xestión.

Por outra banda, as e os coruñeses beneficiarios das axudas para alimentos por un prazo de dous meses, terán unha prórroga dun mes máis. Neste aspecto, a concellería contactou con VEGALSA para establecer un protocolo, de xeito que a veciñanza poida mercar a comida cos vales municipais para unha persoa non titular.

Ademais, o concello concedeu 174 novas axudas económicas subvencionadas pola concellería e derivadas a entidades sociais coas que ten convenios asinados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión