Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2021

Borrego destaca a unión de forzas coa Reserva para impulsar o turismo da cidade e das Mariñas

O concelleiro de Turismo asistiu esta mañá no Aquarium á presentación da primeira campaña de promoción turística coa que a Reserva de Biosfera Mariñas e Terras do Mandeo acudirá a FITUR

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o deputado provincial e concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, asistiron esta mañá no Aquarium á presentación da primeira campaña turística "Sinte cos cinco sentidos" coa que a  Reserva de Biosfera Mariñas e Terras do Mandeo acudirá á próxima edición de FITUR. O acto estivo presidido polo máximo responsable da Reserva da Biosfera, Santiso Miramontes e contou coa presenza tamén da delegada da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, Inés Santé, os alcaldes de Miño e Sobrado, Manuel Vázquez Faraldo e Lisardo Santos,  e a alcaldesa de Betanzos, María Barral.

Borrego asegurou que a unión de forzas entre A Coruña e As Mariñas Coruñesas é un camiño que aínda se está empezando a percorrer, pero que será longo e ilusionante. "porque xuntos ofrecemos un valor sen igual para as/os turistas, que ademais de vir á cidade, con todas as excelencias das que estamos tan orgullosas e orgullosos, poden achegarse a poucos minutos a unha comarca que ten de todo. Desde a praia á montaña; ríos e rías; patrimonio natural e histórico. Un infinito de oportunidades".

O edil mostrou a súa satisfacción porque A Coruña acollese o lanzamento da primeira campaña de turismo que impulsa a Reserva de Biosfera; "un territorio de enorme riqueza natural e patrimonial que temos xunto á nosa cidade. Promocionar A Coruña é promocionar As Mariñas. E viceversa", dixo ao tempo que destacou o compromiso do Goberno local de Inés Rey co desenvolvemento de iniciativas conxuntas coa Reserva, primeiro destino de ecoturismo de Galicia.

Borrego sinalou que o turismo é un dos sectores máis azoutados pola crise derivada da pandemia e desde as administracións debemos apostar con decisión por axudar á recuperación do sector e, por iso, campañas coma esta son imprescindibles. "Traer visitantes á nosa cidade e á nosa área supón un pulo para o desenvolvemento económico dese sector e de moitos asociados, como a hostalería, os aloxamentos ou as actividades. Apuntou, ademais, que a cidade é candidata ao Plan de sustentabilidade turística en destino convocado polo Goberno que busca impulsar o sector do turismo post-pandemia e avanzar na transformación dos destinos turísticos cara a un modelo baseado na sustentabilidade. Ademais, dixo, o Concello apoiará as axencias de viaxe coruñesas a través dunha liña directa de axudas por parte do Consorcio de Turismo a cambio de paquetes turísticos de promoción de viaxes á Coruña, en colaboración coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI).

Pola súa banda, o concelleiro de Economía e deputado provincial, José Manuel Lage, salientou o traballo de colaboración entre o organismo provincial, presidido por Valentín González Formoso, e a Reserva da Biosfera. O concelleiro subliñou tamén a importancia da Reserva "como primeiro destino de ecoturismo de Galicia" e a simbiose entre A Coruña e a súa contorna á hora de impulsar o desenvolvemento do territorio, citando como exemplo a vinculación entre a produción ecolóxica dos municipios da Reserva da Biosfera e os mercados coruñeses e mesmo a incorporación dos ditos produtos nos menús de moitas escolas infantís, tamén nas da Coruña.

O presidente da Reserva de Biosfera, Santiso Miramontes, destacou que As Mariñas "somos un destino atlántico único, que conta cun faro milenario, Patrimonio da Humanidade, e cun anel verde declarado Reserva da Biosfera. Debemos aproveitar as oportunidades de sinerxías" e subliñou que "queremos ofrecer experiencias inesquecibles, que conxuguen a oferta das nosas producións, dos restaurantes, dos aloxamentos, das actividades turísticas, e poñendo en valor o noso patrimonio natural e cultural".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión