Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de novembro de 2020

Borrego destaca o potencial turístico do norte atlántico na entrega de premios da campaña “Un camiño de futuro”

O Eixo Atlántico e a editorial La Capital promocionaron as distintas rutas xacobeas a través dunha guía turística e co sorteo de estadías en Portugal que hoxe entregaron na sede da firma

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá na entrega de premios organizados pola editorial La Capital e o Eixo Atlántico, en que as persoas agraciadas poderán desfrutar dun bono dunha fin de semana grazas á campaña "Un camiño de futuro". O organismo co que colabora o Concello promoveu durante estes meses as distintas rutas xacobeas a través dunha guía que distribuíron a través dos xornais da firma e un concurso, en que as e os lectores tiveron que xuntar varios cupóns para o sorteo de estadías en Portugal.

Do mesmo xeito, o Eixo Atlántico estendeu a promoción ao país veciño co fin de que se produza un intercambio cultural e as persoas portuguesas premiadas desfruten dunha escapada en Galicia. O edil recordou o potencial que o Camiño de Santiago ten para unírmonos máis aínda con Portugal e explotarmos así as nosas fortalezas como un todo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión